É titulada pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña nas especialidades de Edificación e Urbanismo. Posúe tamén os diplomas de directiva da Xunta e de Alta Dirección do Instituto Nacional de Administración Pública. Como arquitecta, desenvolve a súa labor como funcionaria do Corpo de Arquitectos da Facenda Pública. É membro electo do claustro constituínte da Universidade de Santiago. Foi delegada provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia en Pontevedra e conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado. Nas eleccións autonómicas celebradas en 2001 e 2005, foi elixida deputada por Pontevedra nas listas do Partido Popular. Desde Abril de 2009 é Presidenta do Parlamento de Galicia.