Pedro Xosé Picos Romero


Pseudónimo:Pedro Picos
Data de Nacemento: 28 de marzo de 1975
Lugar de Nacemento: Narón (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

A súa formación teatral comezou na Escola Municipal de Teatro de Narón "A Pombiña" (1985-2000) e na Escola Municipal de Teatro de Narón (1992–2002). Logo fixo varios cursos, destacando os de Espada no teatro (2000), Iniciación ao Clown (2001), Clown (2004), Voz (2005), Dobraxe (2005) e Interpretación (2006).

 Obras realizadas

Empezou na Escola Municipal de Teatro de Narón traballando nos seguintes espectáculos: ‘O verde escurecido’ (1996), ‘Escolma de Pezas Curtas’ (1998), ‘Ulises o Grego’ (1999), ‘Nau de Amores’ (2000) y ‘Un soño de verán’ (2001). En la Escuela Municipal de Teatro de Narón "A Pombiña" actuó en las siguientes obras: ‘O enfermo imaxinario Grandal’ (1992), ‘O mozo que chegou de lonxe’ (1993), ‘Mentres cocen as lentellas’ (1994), ‘A barca sen pescador’ (1995), ‘O achado do castro’ (1996), ‘Escachos’ (1997) e ‘O paxaro bobo’ (1998).

 Outros datos de interese

Xa como actor profesional traballou nas seguintes obras: ‘Bucanero & EME2, Jánsel e Pónsel’ (2002), ‘Tres Notas’ (2002), ‘Se normal, vota Substancia Bucanera’ (2003) e ‘Por un millón de dólares’ (2005). Na televisión actuou no programa ‘Luar’ (TVG, 2004 e 2005), no programa ‘SuperMartes’ (TVG, 2005) e na serie ‘Pepe o Inglés’ (TVG, 2005). Traballou tamén como técnico de escena no Auditorio de Narón e coa compañía ‘Lagarta Lagarta’.