Trala súa participación na guerra de Marrocos conseguiu o grao de xeneral. Acompañou desde Francia ó rei Alfonso XII no seu regreso para ocupar o trono e en 1896 foi designado pola reina para encargarse da educación de Alfonso XIII. En 1902, Alfonso XIII conseguiu a maioría de idade e nomeouno secretario particular.
Publicou as súas poesías en 1870 e unha segunda edición en 1903. Ademais publicou na “Revista de Marina” La defensa de la sociedad e outros traballos e deixou sen publicar unha comedia en verso chamada Naufragar en la orilla.
Concedéuselle o título de Conde de Andino.