En 1880 ingresou na Academia de Infantería de Toledo, de onde saíu co grao de segundo tenente. Desde ese momento, dedicou a súa vida ó exército e participou na Guerra de Cuba e na de Marrocos. En 1918 chegou a xeneral. Ó comezo do Movemento Nacional en 1936, ofrecéronlle a xefatura do Movemento da Coruña pero rexeitou.
Foi moi afeccionado á filatelia e reuniu unha das coleccións de selos máis importantes de Galicia. Foi presidente da Cruz Vermella coruñesa durante moitos anos.