Preparou o Bacharelato por ciencias e 1º de Maxisterio no Colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa, examinándose por libre no Instituto e na Escola Normal de Pontevedra. Ingresou no Seminario Maior de Santiago no curso 1961/2 e ordenouse sacerdote en Santiago, o 23 de xullo de 1967. É Doutor en Teoloxía pola Pontificia Universidade Gregoriana de Roma coa tese La Montaña en las homilías de orígenes. É licenciado en Sagrada Escritura polo Pontificio Instituto Bíblico de Roma e alumno titulado na Escola Bíblica e Arqueolóxica Francesa de Xerusalén. Foi formador e vicerrector do Seminario Maior de Santiago (desde 1973 ata 1985). É cóengo lectoral da Catedral de Santiago desde 1979 e capelán do Mosteiro Benedictino de San Paio de Antealtares, de Santiago desde 1993. Profesor numerario de Novo Testamento no Instituto Teolóxico compostelán, do que é secretario xeral e director do departamento de Sagrada Escritura desde 1990. É, ademais, director do Centro de Formación Teolóxica para Segrares desde 1999 e profesor de Novo Testamento no mesmo, nas sedes de Santiago, A Coruña e Pontevedra. Tamén e profesor de Evanxeos Sinópticos no Centro Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas, pertencente ó Instituto Teolóxico compostelán. Como conferenciante, prodigou o xénero en moitas ocasións. Ademais, é membro activo da Asociación Bíblica Española e da Catholic Biblical Association of America.
Desde febreiro de 2021 é o Deán da Catedral de Santiago.
PUBLICACIÓNS:-Introducción Xeral á Biblia, Introducción Xeral ó antigo Testamento, Introducción Xeral ó Novo Testamento; Introducción, traducción en notas a Xosué, Xuíces, Ruth, Xoán, 2Cor, Ef e 1-2Tes; Coordinación xeral de A Biblia, Ed. SEPT, vigo 1989. Revisión da 1ª edición en A Biblia, ed. SEPT, Vigo, 1992.-Introducción Xeral ó Novo Testamento; Introducción, traducción e notas a Xoán, 2Cor, Ef e 1-2 Tes; Revisión e Índices de O Novo Testamento, Ed. SEPT, 1998. -El Espíritu Santo en el mundo de la Biblia, Santiago de Compostela 1998. -Nueva interpretación de la Biblia a partir de los Documentos de Qumrán, A Coruña 1998. -Santiago, amigo del Señor, en el Nuevo Testamento. Colaboración no Catálogo Santiago. A Esperanza, Santiago 1999. -Vida y novena de San Benito, Santiago de Compostela 2000. - Semana Santa, Pascua y su Octava: el camino de la vida, Santiago de Compostela 2002. ARTIGOS:-El creyente y la montaña en las homilías de Orígenes, Compostellanum XXXVII (1992), I-II, pp. 29-62. -Deja a los muertos que entierren a sus muertos, Compostellanum XL, 1-2 (1995), pp. 7-27. -Fuego he venido a traer a la tierra (Lc 12, 49-53). II. En Orígenes, Compostellanum XLIII (1998), pp. 248-264. -El Jubileo en la Biblia y en la Iglesia, Tertium Millennium, II, 2 (1998), pp. 31-37. Fuego he venido a traer a la tierra (Lc 12, 49-53). Estudio bíblico, Estudios Bíblicos, LVII, 1-4 (1999), pp. 239-255. -Nova Biblia en Galego. Escolma de textos, en "revista Catalana de Teología" XIV (1989), 395-407. -Si me olvido de ti, Jerusalén...: nostalgias y esperanzas, en Reseña Bíblica nº 8, pp. 55-61. Dal 1179 al "pórtico del 2000". Annuario Iubilantes, Como 1998, pp. 36-38. L'Altro Giubileo. Storia e significazione del Giubileo Compostellano, Annuario Iubilantes, Como 1999-2000, pp. 36-43.
Outros actos nos que tivo unha especial participación foton: Pregón da IV Festa da Ameixa, Carril, 1995. Pregón da Semana Santa Compostelá, Santiago 1997. Novena a Sta. Rita, Santiago, 1996; Novena a Santiago Apóstolo, Santiago 1997; Novena a San Roque, Santiago 1997; Novena a la virgen del Carmen, Santiago 1997; Novena al Espíritu Santo, Santiago 1998; Novena a San Paio, Santiago 1999; Novena a San Antonio, Santiago 1999; Novena en sufragio por los Difuntos, Santiago, 1999.Escribe unha páxina semanal en El Correo Gallego (desde setembro de 1995: en Ed. 7 e FS). Outros artigos en El Correo Gallego e O Correo Galego.Entre os premios que recibiu están o nacional de Traducción en 1990 e Galego do mes de Febreiro de 1993 para El Correo Gallego, en ámbolos dous casos pola traducción da Biblia ó Galego.