Coma escritora, desenvolveu os seus proxectos narrativos na Cité Internationale des Arts en París, co apoio de Acción Cultural Española, no Centro de Investigação Artística Hangar, en Lisboa, na Residencia Literaria Illa de San Simón, na Residencia Literaria Cidade da Cultura, na Fundación Valparaíso ou na Fundación Gala de Córdoba.
Escribiu Los ritos mudos (publicado en España por In Limbo Ediciones en 2021 e en Ecuador por Turbina Editorial en 2022) e Sidecar (Ed. Oblicuas, 2015). Los ritos mudos foi elixido polo escritor Eloy Tizón en Cuadernos Hispanoamericanos coma unha das publicacións máis relevantes do ano 2021 no ámbito do relato breve.
Os seus contos taménforon publicados en antoloxías coma Ellas, las extrañas (In Limbo Ediciones, 2023) e Pena Negra (InLimbo Ediciones, 2022), así como en revistas literarias tales coma Quimera, La gran belleza, Granta, Culturamas ou Dorna, expresión poética galega. Algúns foron galardoados en certames literarios internacionais, entre os que destacan o Premio Energheia España 2022, o II Premio Internacional de Conto Las Dalias ou o XLV Certame Literario Cidade de Martos.
Tamén publicou os seus artigos de opinión en cabeceiras como El Cultural ou a revista Telos da Fundación Telefónica.