Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade do País Vasco.
Compaxina o traballo en atención ao cliente en Correos coa escritura e a investigación histórica e literaria.
Non tendo cumprido aínda os dous anos, os seus país trasládanse a vivir a Sestao en Bizkaia. Na actualidade reside en Santurce.
Con lazos familiares en Cuba, Brasil, Arxentina, Barcelona e Bilbao, todos eles galegos que coñeceron a emigración.
Gústalle escoitar melodías galegas interpretadas ao violín por Mijail Moriatov e unha das súas ilusións sería retirarse a unha torre en Galicia, como no seu día o fixo Michel de Montaigne no Périgord, para escribir e camiñar polos bosques da Ulloa e poder sentir aquilo que o poeta Uxío Novoneyra dicía… Si o aire quer… chegarein a non ser ninguén.
Premios e recoñecementos:
-Segundo Premio do XL Certame Literario do Concello de Villalba (agosto 2014) polo seu libro de poemas “Cinza de estrelas” de próxima publicación en editorial Alvarellos.
-XIX Premio de poesía en galego “O poeta Azul de Ferrol” Xosé María Pérez Parallé convocado pola SAF (Sociedade Artística Ferrolana) por “Xardíns de aceiro” (abril 2012), publicado na revista Poesía Galicia.
-Primeiro premio de Categoría Libre do XIII Concurso de Literatura Epistolar convocado por Correos coa obra “El almirante Cristoforo” (novembro 2010)
-Terceiro Premio de Poesía da XVII Semana Cultural das Letras Galegas do Centro Galego de Sestao polo seu poema “Lembranza”.
-Accésit do VI Concurso de Literatura Epístolar de Correos por “Testamento Ológrafo” e Accésit da VIII edición por “El poeta Maravilla”.
-Segundo Premio do V Certame de Cartas de Amor do Concello de Leioa (Bizkaia) por “Carta a Penélope”.
-O seu poema “El color del viento” foi publicado pola revista literaria “Alborada”.
-Entrevistada en Radio Euskadi por Javier Vizcaíno, Daniel Álvarez e Txani Rodríguez no programa “Más que palabras” para disertar sobre o tema “Cartas”.
- Primeiro Premio no Certame de Poesía "Anduriña Voandeira" convocado pola Irmandade de Centros Galegos en Euskadi coa obra "De ferro e tenrura".