Miguel Torre González


Data de Nacemento: En 1965
Lugar de Nacemento: Val do Mao
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Ós dez anos comeza a etapa de aprendizaxe de debuxo e ós 13, de xeito autodidacta, iníciase na pintura.

Ós 15 anos outórganlle o terceiro premio, no certame de pintura “Meigas e Trasgos”, de Sarria (Lugo).

Dende 1981 a 1997, participa nalgunhas exposicións, principalmente colectivas, pero sobre todo investiga. Na pintura afonda en variedade de estilos, como o informalismo, a abstracción o pop e o hiperrealismo e tamén na escultura, no ferro principalmente.

Cursa estudios técnicos que lle axudan nas súas montaxes-instalacións, nas que combina: pneumática, electrónica e robótica.

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS

-1981. Exposición colectiva no Incio (Lugo).

-1986. Exposición colectiva na Sala do Banco de Crédito e Inversións de Lugo.

-1987. Exposición individual en Sarria (Lugo).

-1999. Exposición colectiva homenaxe ó pintor Avari, Casa da Cultura de Sarria (Lugo).

-2000. Exposición colectiva Arte Sarria 2000, Sarria (Lugo).

-2001. Exposición colectiva en Biblioteca Cocoa Beach, Miami (USA).

Exposición permanente en D’Madera (Lugo).

En preparación: Exposición en dos galerías virtuais, e páxina web propia

 

CERTAMES

-1985: Bienal de Arte de El Corte Inglés, en Vigo (Pontevedra).

-1997: VII Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán, en Begonte (Lugo) e XIX Salón de Outono de Pintura de Plasencia (Cáceres).

-1998: VIII Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán, en Begonte (Lugo), XII Certame Nacional de Pintura José Segrelles, en Albaida (Valencia), II Salón de Outono de Pintura, Real Academia Gallega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario (A Coruña), XX Salón de Outono de Pintura de Plasencia (Cáceres) e II Certame Nacional de Artes Plásticas para Xóvenes (Castellón).

-1999: LX Exposición Nacional de Artes Plásticas Valdepeñas (Ciudad Real), VI Certame Nacional de Pintura Adolfo Lozano Sidro (Córdoba) e IV Premio de Pintura José Malvar para novos valores, Santiago de Compostela (A Coruña).

 Outros datos de interese

PREMIOS

1980. Terceiro Premio no Certame de Pintura Meigas e Trasgos de Sarria (Lugo).

1998. Premio do Público no X Certame Lugonova de Cervo (Lugo).

1999. Premio do Público no XI Certame Lugonova de Cervo (Lugo).