Diplomada pola Escola Universitaria do Profesorado de Educación Xeral Básica (especialidade Preescolar 1986) e licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación (Sección Pedagoxía) pola Universidade de Santiago de Compostela (1989), realizou un curso de especialización na Unión Europea pola Universidade da Coruña, organizado pola Asociación Galega de Estudios Europeos (1995). Foi xefa de gabinete da Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude (desde xullo de 1999 a abril de 2002) e asesora do gabinete da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude (desde xaneiro de 1996 ata xullo de 1999). Desde marzo de 1993 ata xaneiro de 1996 foi coordinadora das actividades relacionadas con xuventude e cultura no Instituto de Desenvolvemento Comunitario de Galicia. De 2002 a 2005 foi directora xeral de Xuventude na “Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado”. Despois de ter sido a Directora para Galicia da Asociación para o Progreso da Dirección, é Directora Xeral de APD-Centro.
Entre as súas labores máis importantes como directora xeral de Xuventude foron a de coordina-la elaboración do Proxecto de Lei Galega de Xuventude, a elaboración de “Las líneas estratégicas para la modernización de la gestión de las actividades de ocio y tiempo libre y el fomento del alberguismo en Galicia”, o establecemento de acordos de colaboración para o desenvolvemento de programas de xuventude con Caixanova (Espráiate, Espacios Naturais, Atlántida), Caixa Galicia (Carné Xove, Carné Máis, Conducción Segura, Galicianet,), Telefónica (Galicianet, modernización RIX), I.T.V. (Conducción Segura, Campaña de Verán), Citröen (Conducción Segura), Aprilia (Agoramoto), El Corte Inglés (Certame de Novos Creadores de Moda, Galicianet), Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais (a través do Injuve), Dirección Xeral de Tráfico (Conducción Segura e Agoramoto), Embaixada de Alemaña (Coñece Europa. Outras realidades: Alemaña.), Universidade de Santiago (Oficinas de Servicios Integrados á Xuventude), Universidade da Coruña (OSIX) e Universidade de Vigo (OSIX).
Foi a representante da Xunta de Galicia na REAJ (Rede Española de Albergues Xuvenís) e participou nos seguintes congresos realizados pola Dirección Xeral: “Todocosmos”, Santiago de Compostela (decembro 2003), “Congreso de Conducción Segura”, Pontevedra (abril 2003), “Congreso Nacional de Información Xuvenil”, Lugo (setembro 2002), “Xuventude e Medio Ambiente”, Portomarín (outubro 2002), “Coñece Europa: Outras realidades: Portugal”, (decembro 2002) e “Coñece Europa; Outras realidades: Alemaña”, (febreiro 2003).