Melchor de Prado


Categoría: Arquitecto
Data de Nacemento: En 1770 (†En 1834)
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
 Currículum

Comezou os seus estudios artísticos na Escola de Debuxo da Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela. En 1792, ingresou na Real Academia de San Fernando, conseguindo en 1796 o rango académico de mérito por un proxecto de biblioteca.

 Obras realizadas

Entre 1794 e 1795 realizou 2 proxectos para a reconstrucción da Porta Santa da Catedral e da Igrexa de San Benito do Campo. Realizou, ademais, encargos do rei Carlos IV e traballou xunto a Cornide. En 1803 traballou na fábrica de Sargadelos e despois en reformas urbanísticas en Ribadeo, Noia e en pontes e estradas de Galicia. Entre 1818-1834 foi arquitecto municipal da Coruña. A súa obra máis importante é a Colexiata de Vigo, de proporcións neoclásicas. En Santiago deu as trazas para a fachada da Igrexa de San Miguel dos Agros, sendo rematadas as obras por José Otero no século XIX. Deu, tamén, as trazas para a fachada da igrexa de San Benito do Campo (Santiago) e as da Capela das Ánimas. Construíu na Coruña o camarín e altar dos Dolores da Igrexa de San Nicolás; en Pontevedra, a Capela dos Milagres, e, en Lugo, o tabernáculo da Capela Maior da catedral.