José María Núñez Pérez


Data de Nacemento: 10 de xuño de 1951
Lugar de Nacemento: O Cebreiro (Lugo)
 Currículum

En 1964 ingresa no Seminario Diocesano de Lugo, onde cursa estudios de Humanidades e Filosofía. Superado o exame de preuniversitario, realiza dous cursos de Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. Posteriormente, trasládase a Madrid e licenciase en Dereito na Universidade Complutense. En 1982 ingresa por oposición no corpo Superior de Inspectores de Finanzas do Estado, prestando servicios como inspector nas Delegacións de Lérida e León. Foi xefe das Administracións de Facenda de Ponferrada e Granollers, xefe da Dependencia de Recadación de Vigo e delegado da Axencia Tributaria de Ourense. Actualmente, é delegado da Axencia Tributaria de Lugo. Durante tres anos de excedencia, foi xerente de fiscal en Price Water House-Coopers.

 Obras realizadas

Presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de O Cebreiro, participou na organización de numerosas peregrinacións e encontros de peregrinos. Así mesmo, participou na construcción e adecentamento do tramo do camiño que une Cebreiro con lugares no inicio galego do camiño chamado francés. Dirixe unha Escola de Música no Cebreiro e unha galería de arte e centro de exposicións no mesmo pobo. É afeccionado á poesía e amante da filosofía.

 Outros datos de interese

Aparte da dedicación profesional á xestión tributaria, cabe destaca-la paixón polo Camiño de Santiago e canto entraña, sobre todo ó seu paso por O Cebreiro, atención a peregrinos, rehabilitación de edificios e vereas e organización de eventos culturais.