Maximino Viaño García


Data de Nacemento: 27 de xuño de 1927
Lugar de Nacemento: Ames (A Coruña)
 Currículum

Graduado Social comezou os seus primeiros traballos na explotación agraria dos seus pais, ata que estableceu a súa primeira granxa de gando selecto, á vez promoveu a creación das primeiras cooperativas da comarca: a Cooperativa de Explotación Comunitaria de Terras e Gandos de San Cristóbal de Tapia, en 1966 e a Cooperativa Feiraco da que é socio fundador, o seu primeiro secretario e posteriormente xerente entre 1969 e 1978.

 Obras realizadas

En 1980 fundou a empresa Terga centrada no cebo de terneiro galego para que o valor engadido da produción gandeira se xerara en Galicia.

En 1989 comeza a súa actividade na que será a súa aportación fundamental ó mundo agrario de Galicia coa creación de Terneira Galega, cuxo primeiro Órgano Rector como Producto Galego de Calidade preside, do mesmo xeito que o Consello Regulador da Denominación Específica Terneira Galega que se aproba en 1994, trala fusión coa Denominación Carne de Rubia Galega. Finalmente en 1996, a Comisión Europea inscribe a Terneira Galega no Rexistro das Indicacións Xeográficas Protexidas. Maximino Viaño continua na presidencia ata o seu abandono no ano 2000 ós 73 anos, sendo Terneira Galega, a primeira carne vacuno de calidade certificada e etiquetada en España.

Concellal no seu pobo natal: presidente, conselleiro e vocal de diversas entidades públicas; conferenciante, poñente en congresos e seminarios, articulista…

Comendador da Orde do Mérito Agrícola, Medalla de Ouro da Fundación Amigos de Galicia, Medalla de Bronce de Galicia, Maximino García destinou a súa vida a fomentar o progreso e a mellora no agro galego, ó que segue adicando todo o seu tempo.

En 2001 publica o seu primeiro libro: Lembranzas, una vida en el campo gallego; e en 2004 o segundo "Os muiños de Riamonte".