Licenciada en Enxeñería Agrónoma e Master en Viticultura e Enoloxía pola Escola Superior de Enxeñeiros Agrónomos de Madrid, opositou ó Corpo Superior de Enxeñeiros Agrónomos da Xunta de Galicia (1993). Foi directora técnica da bodega Granbazán en Vilanova de Arousa e desde 1998 é directora técnica de Bodegas Fillaboa en Salvaterra de Miño. Ademais, é a presidenta das denominacións xeográficas ‘Orujo de Galicia’, ‘Licor Café de Galicia’, ‘Licor de Herbas de Galicia’ e ‘Augardente de Herbas de Galicia’.