Matías García-Alba Pardo


Categoría: Médico e escritor
Data de Nacemento: 2 de xullo de 1935
Lugar de Nacemento: Cervantes (Lugo)
Teléfono: 982410768
Fax: 982400865
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Cursou o bacharelato en Chantada (Lugo) Academia Santo Tomás de Aquino. Recibe a bolsa "Ramón y Cajal" para estudiantes de Medicina. Realiza os estudios de Medicina en Santiago e en Madrid e a reválida de Medicina en Madrid. Recibe un accésit ó mellor estudiante do ano en 6º curso de Medicina. Foi alumno interno de Patoloxía Médica e de Xinecoloxía. Fixo o doutoramento na Universidade de Madrid e a tese doutoral sobre "Cancro de mama" (cum laude) en Santiago. Profesor de clases prácticas no Hospital de San Carlos, profesor invitado en Patoloxía Mamaria, especialista en Obstetricia e Xinecoloxía, especialista en Citoloxía, Supervisor de Instalacións de Radiodiagnóstico.

 Obras realizadas

Escribiu 24 artigos orixinais de Xinecoloxía e Patoloxía Mamaria e 44 comunicacións en Congresos de Medicina. É ademais, autor de tres libros de Patoloxía Mamaria e coautor dun libro de Menopausa. É promotor e director da primeira Maternidade Privada de Lugo.

 Outros datos de interese

Certificado Oficial de Inglés pola Escola Oficial de Idiomas. Está casado e ten 6 fillos. É amante da familia e afeccionado ós idiomas.