María Paz Rodríguez Silva


Categoría: Bióloga marina, actriz, directora teatral e dinamizadora cultural.
Lugar de Nacemento: Monteverde, Nogueira de Ramuín (Ourense)
 Currículum

Nace en Monteverde, Nogueira de Ramuín (Ourense). Arrima á Mariña no ano 1982 e dende aquela colaborou, sempre de forma altruísta, en múltiples facetas do eido cultural destacando a súa aportación:

No aspecto asociativo como:

Membro da Xunta Directiva da A. C. Airiños do Xunco ó longo de oito anos.

Membro fundador do Museo da Queimada Popular de Cervo.

Membro do equipo que elaborou o proxecto para que a Queimada Popular fora recoñecida como Festa de Interese Turístico Provincial.

Membro fundador do Mercado Tradicional de Cervo.

Responsable dos arquivos, xestión e documentación do grupo de Teatro O Bordelo

Membro colaborador no campeonato Provincial de Campo a través, único realizado na Mariña así como das múltiples actividades deportivas do Colexio de Cervo ó longo de catro anos.

 

No eido escénico promoveu e dirixiu teatro infantil:

Cinco anos no Auditorio de Sargadelos.

Dous anos nos colexios Vista Alegre e Virxe do Carme de Burela.

 

No teatro afeccionado coordinou:

Mostras periódicas en San Cibrao.

Ciclos de Teatro na Rúa en Covas, Viveiro.

Coordina durante dezanove anos as Veladas de Teatro no Souto

 

Como actriz desenvolveu papeis principais

En máis de seiscentas representacións realizadas en vintedous anos co grupo 'O Bordelo'  por toda Galicia e polo occidente asturiano.

No ciclo Leiras Pulpeiro en Mondoñedo, en espectáculos de masas como A maldición do Condado e A Festa Normanda de Foz, ou o Festival Irmandiño en Moeche, en videodramatizacións, curtas como "Focegos por amor", colaboración especiais nas Polafías da AELG...

 

Dirixe os grupos teatrais: Ardora de San Cibrao (catorce anos) e o Batán de Cangas (once anos).

 

Como investigadora e responsable da normalización lingüística colaborou:

- Nos traballos etnográficos: Os Muiños do Río Xunco, Os Cruceiros do Concello de Cervo, na revista Queimada.

- Nos libros: Historia do Teatro Afeccionado da Mariña Lucense e Lembranzas musicais do Valadouro do cal tamén é coautora.

No ano 2013, a Asociación Culyural "Mundo da Galea", en recoñecemento á súa laboura cultural nomeouna Dona de Isabel de Castro.

Desde o ano 2019 desempeña o cargo de Xuiza de Paz no Concello de Cervo.