Alfonso Cabaleiro Durán


Lugar de Nacemento: Chapela, Redondela (Pontevedra)
 Currículum

Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad de Navarra, desempeñou nos últimos catro anos o cargo de secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia.

 

Desenvolveu a súa carreira profesional en diferentes postos de responsabilidade no eido da imaxe e a comunicación. Así, ocupou a dirección de Informativos e da Radio Galega; foi director en Galicia de RTVE e da COPE; e subdirector de informativos da TVG entre outros.

 

En abril de 2013 é nomeado xerente de Galicia Calidade, organismo dependente da Consellería de Economía e Industria, co obxectivo de reforzar a imaxe de Galicia Calidade na súa procura de consolidar esta marca de prestixio dos produtos galegos. Deste xeito, aspírase a impulsar a promoción dos produtos que xa contan co selo de garantía así como incrementar a penetración da marca e a súa internacionalización.