María Mariño Carou


Pseudónimo:María Mariño
Categoría: Poetisa
Data de Nacemento: En 1907 (†En 1967)
Lugar de Nacemento: Noia (A Coruña)
 Currículum

Procedente dunha familia humilde, as dificultades económicas e o inicio da Guerra Civil fixeron que a súa familia se trasladara a Boiro, onde María toma contacto coa literatura. Tras unha estancia no País Basco, volveu a Boiro, onde coñeceu ó mestre Roberto Posse Carballido, co que casa en 1939. Anos máis tarde, trasládanse a vivir a Parada do Courel, onde María contacta con importantes intelectuais galegos como Manuel María, Uxío Novoneira, Ramón Piñeiro, Augusto Assía, García-Sabell e Sixto Seco, entre outros.

 Obras realizadas

É autora de dous únicos poemarios: ‘Palabra no Tempo’ (1963), con prólogo de Otero Pedrayo e ilustracións de Reimundo Patiño e ‘Verba que comeza’, publicado postumamente.

 Outros datos de interese

A Real Academia Galega dedícalle o día das Letras Galegas do ano 2007.