María do Ceo


Pseudónimo:María do Ceo
Categoría: Cantante
 Currículum

A súa paixón pola música foi alimentada desde o berce na tradición do fado, transmitida polo seu pai tamén Fadista. Cunha sólida carreira internacional, foi recoñecida e condecorada como embaixadora da cultura galega no mundo, ten sempre o Fado como inspiración primordial. En 2001 foi invitada a participar na primeira gran homenaxe póstuma á persoa que máis influíu na súa forma de cantar, Amalia Rodrigues.

 Obras realizadas

TRAXECTORIA ARTÍSTICA 1996. Festival intercéltico de Loriant. 1997. Frankfurter xira de concertos. 1998. En Santiago de Compostela canta para o Nóbel José Saramago. 2000. Homenaxe a Amalia Rodrigues no Coliseum de Lisboa. 2001. Homenace a Carlos Cano no teatro Falla (Cádiz) e xira en Italia: Nuoro e Sassari. 2004. Grava coa Real Banda un CD de Romances, obsequio para os Príncipes de Asturias. 2004. Participa na gravación dun CD para a fundación PAIDEIA "Ese niño diferente", participa nun concerto contra a violencia de xénero en Arxelia, participa na entrega de premios galegos do ano no Auditorio de Galicia e viaxa a Roma para cantar o Ave María de Franz Shubert á SS. o Papa Xoán Pablo II, coa Real Banda de Gaitas de Ourense. DISCOGRAFÍA: “Cartas de amor”. “Vellas Lembranzas”. “Al rescate del alma Fado e outras músicas”. “Panxoliñas”. “Villancicos Dúas almas do miño”. “Tan lonxe”. ESCENARIOS NOS QUE ACTUOU: Teatro Falla, Cádiz. Teatro Rosalía de Castro, A Coruña. Teatro Jofran, Ferrol. Teatro Principal, Ourense. Teatro Cervantes, Valladolid. Teatro Amaya, Madrid. Teatro Principal, Santiago. Teatro de la Audiencia, Soria. Teatro Emperador, León. Teatro de Campo Alegre, Oporto. Pazo de Fonseca, Santiago de Compostela. Pazo de La Bolsa, Oporto. Pazo de Benamají, Écija. Pazo de Congresos, Barcelona. Catedral dos Amantes de Teruel. Catedral de Ourense. Auditorio de Galicia, Santiago. Auditorio Príncipe Felipe, Oviedo. Auditorio Municipal, Ourense. Casino da Toxa. Casino Alcalá, Madrid. Casino de Estoril. Círculo das Artes, Lugo. Xardíns dos Alcázares, Sevilla. Xardíns do Piquio, Santander.

 Outros datos de interese

PREMIOS: No ano 2000 foi nomeada en Lisboa membro da ‘Enxebre Orden da Vieira’ pola difusión da cultura galega. No ano 2004, en Santiago, a mesma orde entrégalle o premio “vieira de plata” á calidade artística. Ese mesmo ano o xornal El Correo Gallego entrégalle unha placa no Auditorio de Galicia á mellor traxectoria artística.