Estudiou na Escola Normal da Coruña, obtendo o número 1 da súa promoción. Encomendóuselle a responsabilidade da Escola da Garda, na que naquel momento estudiaban os párvulos. Contratou a José Baldomir para que impartise a ensinanza musical e defendeu a superación das clases sociais e a introducción da lingua galega nas escolas. Fundou institucións benéficas como "O neno descalzo", "O comedor e roupeiro da Garda" e axudou a outras como "As Colonias Escolares para nenos pretuberculosos", "Gota de leite", "A Casa Berce" e "As Cantinas Escolares Concepción Arenal". En 1912 puxo en marcha a "Festa da Flor" para recadar fondos con destino ós tuberculosos. Nenos e rapaces solicitaban unha contribución ós transeúntes e a cambio dábanlles unha flor. Dous anos despois a súa campaña recibiu o respaldo da raíña Victoria Eugenia. Esta "Festa da Flor" foi o que máis tarde se converteu na "Festa da Bandeiriña" da Cruz Vermella.
Publicou varias obras sobre temas pedagóxicos e sociolóxicos e realizou traduccións de libros estranxeiros.
Pertenceu ó Instituto de Estudios Galegos e á Real Academia Galega. Obtivo varios premios literarios e recibiu diversas condecoracións.