Iniciou os seus estudios de Dereito en Oviedo e completounos en Santiago. En 1936 obtivo a praza de xuíz, pero a Guerra Civil interrompeu a súa carreira profesional. Cando rematou a Guerra Civil reiniciou a súa traxectoria xurídica e converteuse en maxistrado de traballo, cargo que desempeñou en Lugo e Ourense. Posteriormente desempeñou os cargos de delegado de traballo en Zaragoza e xefe do Servicio de Mutualidades e Montepíos de Madrid. Regresou á xudicatura e foi xuíz de Primeira Instancia en Logrosán, Oviedo e Santiago e ocupou o posto de maxistrado da Audiencia Territorial de Galicia
Foi conselleiro de redacción da revista "Foro Gallego" na que publicou varios traballos. En 1961 publicou Apostillas a la Ley de Arrendamientos Urbanos.
Ostentaba as condecoracións ó mérito civil, ó mérito militar, de combatente de Europa e de San Raimundo de Peñafort.