Os seus pais foron Manuel e Pilar ambos naturais de Noia. Él era o maior dos irmáns. O seu pai morreu cando él tiña tres anos, e foron abandonados cando só tiña catro anos. Durante un ano durmían en portais ou roubando, pedindo limosna para poder comer algo. O irmán máis pequeno desapareceu. Os tres orfos foron despois dun ano na rúa, recollidos pola Exma. Deputación Provincial e admitidos na Casa Cuna da Coruña. Pasados uns anos foron trasladados ó Hospicio e máis tarde, ó Fogar Calvo Sotelo (rexido polos Salesianos) en 1960 ós dezasete anos de idade, Manuel rematou bruscamente os seus estudos ó enfrentarse cun crego e foi expulsado. Atopouse ante un mundo totalmente descoñecido e hostil, no que o fundamental era sobrevivir e despois de tantos anos de internado non sabía hacia onde dirixirse.
Sen estudos, nin referencias era casi imposible atopar traballo. O certificado de estudos xunto cunha carta pedindo desculpas polas inconveniencias, foille entregado polo colexio, 61 anos máis tarde.
Facendo o servizo militar, casou cunha moza coruñesa, e ó rematar o servizo, emigraron a Londres. Traballando como camareiro compaxinou o seu traballo en hostelería con estudos nocturnos de Belas Artes no Putney School of Art, considerando éstos estudos máis ben como un pasatempo.
Pouco a pouco a pintura foi a súa vida ata que chegou o momento en que tivo que tomar unha decisión, e a opción foi moi dura. O traballo ofrecía unha vida cómoda e sen escaseces, pero pola contra a pintura supoñía enfrentarse a unha enorme incógnita, un sono polo amor á arte que tal vez, só se quedase nun espellismo.
Enton tomou a gran decisión da súa vida. Cunhas cantas obras e saltando toda clase de protocolo (a ignorancia é moi decidida) presentouse ó director da escola de Arte de Wimbledon, onde foi aceptado. Todo un mundo novo, se abría ante os seus ollos, un abanico novo, alí cada día era como un regalo de nadal: exercicios, creatividade, debuxo, fotografía, pintura, escultura, gravado… Rematando estes estudos de preuniversitario con Matrícula de Honra.
Foi aceptado na Universidade de Kingston, para facer o Bacharelato de Artes, logrando rematar estes estudos con Matricula de Honra.
A súa sorpresa foi maiúscula cando foi elixido para estudar no berce da arte inglesa o Royal College de Londres, considerada como unha das máis influintes da arte mundial, e sendo así o primeiro español en 300 anos da fundación deste centro, que é elixido para cursar estudios nel.
Alí tivo a ocasión de charlar con artistas como Francis Bacon, Lucien Freud, Blacke, David Hockney, Kitach... Máis tarde tivo a oportunidade de compartir mesa con Tapies. De todos eles aprendeu, unha grande humildade e unhas ansias enormes de aprender e de compartir os coñecementos con outros, xa que só compartindo se pode aprender máis e hai tanto que aprender…
Asesorado por uns amigos, en 1990 deseña, funda e dirixe a primeira Galería de Arte en Londres (Blason Gallery) cunha clara visión, dende o punto de vista do artista coas galerías. A galería en sí, nun plazo inferior a un ano se puxo ó nivel das máis importantes de Londres, asistindo a cada inauguración de 700 a 1000 persoas.
En moi pouco tempo expoñen alí, artistas como Michael Porter, Lance Smith ou Anthony Whishaw todos eles descoñecidos ata entón. Son hoxe artistas recoñecidos na arte mundial e logrando que a critica dos grandes xornais londinenses como The Guardian ou The Times se fixesen eco de tódolos pasos desta galería.
En 1991 foi nomeado European Lecturer da Universidade de Kingston (Londres) e ese mesmo ano logrou crear e coordinar dende Londres, un movemento mundial de universidades, basado en intercambios de alumnos, profesores e material científico entre ditas universidades. Celebrándose o primeiro congreso auspiciado polo presidente da deputación de Pontevedra Sr. Rajoy.
En maio de1993 no Castelo de Soutomaior asistindo ó mesmo, oito nacións e dezanove Universidades. Éste movemento cultural foi bautizado co nome 'Fleur 93'. Este mesmo ano tamén logrou, que se producira o primeiro intercambio de alumnos das Universidades de Kingston, Pontevedra e Limerik (Irlanda). En 1995 tamén se lograron estes intercambios con Niza (Francia).
En 1992 é nomeado director artístico da Bruton St. Gallery unha das máis potentes galerías de Londres.
De 1992 a 1994 foi comisario das exposicións ‘Desde Londres’, ‘Salute to Spain’ en South Bank Center Londres; ‘Tapies’ na Malborouh e ‘Barceló’ na Whitechapel, de Londres.
En 1994, outórganlle a Medalla de Ouro por tódalas embaixadas hispanoparlantes de Londres, pola súa extensa labor cultural e artística a favor da lingua castelá.
En 2018 outórganlle o Primeir Premio de Barbanza (Galicia) pola súa aportación á arte e pola súa traxectoria artística.
Considerado en Inglaterra por Derek Hirst, Decano da Universidade de Kingston, como unha promesa certa na arte mundial. Sen romper coa unidade do seu estilo e armonía, crea ambientes totalmente distintos.
A Pintura de Manuel Romero profundamente independente que se basta por sí misma para encher o espazo, a imaxinación e o sentimento, derivado todo elo da vitalidade e enerxía que despiden as súas obras.
Tódolos seus trazos de artista teñen como finalidade o infinito, porque utiliza cores, que son a prolongación da paisaxe y ainda as cores máis oscuras adquiren un matiz romántico e relaxante e cos espazos blancos consigue unha agradable sensación de frescor.
Romero realizou un sinfín de exposicións en Chicago, París, Hong Kong, Londres, Italia...
Casa en segundas nupcias, con Esther Mahía, bastante máis nova que él que lle da moita paz interior e renovadas ilusións para pintar.
Hoxe por hoxe, Romero quere vivir aislado, e alonxado do mundo da arte disfrutando da súa pintura e pintando polo placer de pintar, quere soñar e xoga a soñar, para que un dia poda lograr pintar. E mentras tanto soña…
Selección de Exposicións Individuais:
1983. Casa de España. Londres.
1986. Asociación de Artistas. A Coruña.
1988. Caixa Galicia. Londres.
1988. Durán Loriga. A Coruña.
1988. Sala da Cultura. Santiago de Compostela.
1989. Long & Ryle International, Londres.
1990. Blasón Gallery. Londres.
1990. Templeton College, Oxford.
1991. Bruton Street Gallery. Londres.
1992. Adzak Museo. París.
1992. Instituto de España. París.
1992. Bruton Street Gallery. Londres.
1992. B & A. Xapón.
1992. The Science Centre. Chicago.
1992. Open Studios. Childers Street. Londres.
1993. Bruton Street Gallery. Londres.
1993. Open Studios. Childers Street. Londres.
1994. Casa da Cultura. Noia.
1995. Arte International. Gallery Three. Londres.
1995. Open Studios. Childers Street. Londres.
1995. Soho House Gallery. Londres.
1996. Bruton St. Gallery. Londres.
1996. Childers St. Open Studios. Londres.
1996. European Art Fair. Londres.
1997. Galería Obelisco. A Coruña.
1997. Fórum do Atlántico Stand Galería Obelisco. A Coruña.
1988. Galería Apolo. Lugo.
1988. Centro de Arte Jaime Trigo. Pontevedra.
1988. Casa da Cultura, Noia.
1999. Forum do Atlantico. Galería Arte e Imaxe. Galicia.
2000. Antolóxica. Sala de Exposicións, Culleredo. A Coruña.
2001. Earth & soul, St.Gallery. Londres.
2002. Antolóxica. Centro Cultural. Deputación de Ourense.
2002. Bruton Street Gallery. Londres.
2002. Galería Apolo. Lugo.
2003. 'Dreams' Winterthur. A Coruña.
2004. 'Romero y su Mundo' Galería Bomort Riveira.
2011. Homenaxe a Compostela. Hostal dos Reis Católicos. Santiago de Compostela.
2012. Casa da Cultura. Noia.
2012. 'Impulsos'. Concello da Coruña.
Selección de Exposicións Colectivas:
1986. Summer Exhibition, Royal Academy. Londres.
1988. Pintura Galega, Galería Obelisco. A Coruña.
1989. International Art Fair, Olympia. Londres.
1989. Nuevos Maestros del Arte, Gulbenkian Gallery. Londres.
1989. Royal Fashion Gala Show. Henry Moore Gallery. Londres.
1989. The London Group. Henry Moore Gallery. Londres.
1990. Long & Ryle International. Londres.
1990. The New Generation, Bonhams, Londres.
1990. Christmas Show, Blason Gallery. Londres.
1991. 40 Aniversario de las Naciones Unidas. Londres.
1991. Summer Show, Bruton Street Gallery. Londres.
1991. Xmas Show, Bruton Street Gallery. Londres.
1992. 2ª Bienal. Conde de Fenosa.
1992. Feria Internacional de Arte. Londres.
1992. A Salute to Spain. Bruton Street Gallery. Londres.
1993. Xmas Show. Bruton Street Gallery. Londres.
1993. Summer Show, Bruton Street Gallery. Londres.
1993. Festivities, Bruton Street Gallery. Londres.
1994. Spanish Arts Festival, Desde Londres.
1995. The Soho House. Londres.
1995. Cuarta Bienal Conde de Fenosa.
1995. The South Bank Center, Londres.
1995. Cuarta Bienal Conde de Fenosa. A Coruña.
2004-2005. Nadir, Camiño de Compostela. Itinerante. Centro Galego de Lisboa, Convento dos Capuchos de Almada, Concello de Tui, Concello de Culleredo, Concello de Betanzos, Concello de Santiago, Porto, Concello da Coruña, Deputación de Barcelona.
2008. Arte na Provincia. Itinerante con Isaac Díaz Pardo, Gerardo Porto, Felipe Criado, Elena Gago, Lugris Vadillo e Alfonso Abelenda.
Coleccións:
Paul Mc Cartney.
Giscard D´Eistaing. Presidente da República Francesa.
Exma. Deputación da Coruña.
Excmo. Concello da Coruña.
Royal College of Art. Londres.
Canary Warf Corporation. Londres.
Caixa Galicia.
ESSO Petroleum Corporation.
The Daily Telegraph. Londres.
Delfina Foundation. Londres.
Bruton St. Gallery. Londres.
Long & Ryle International.
Arthur Andersen Consulting.
CaixaVigo.
Exma. Deputación de Ourense.
Museo de Lugo.
Rosalía Mera.
Alba Conde.
Coleccións Privadas en Inglaterra, España, USA, Italia, Francia, Suiza, Xapón...
Premios e Becas:
1983. Premiado polo Exmo. Embaixador en Londres pola súa labor cultural en pro da emigración.
1987-88. Becado por Stanley Picker Fellow Scholarship. USA.
1987-88. Becado polo Ministerio de Asuntos Exteriores, España.
1988-89. Becado por Murray Scholarship. Londres.
1994. Medalla de Ouro en Londres, ó logro en Arte e Educación, polas Embaixadas Hispanoparlantes no Reino Unido.
1997. Primeiro Premio e Diploma do “I Certamen Encuetro con la Música”. Lugo.
1998. Primeiro Premio “II Bienal de Pintura Nacional, Fundación Nelson Zumel”.
1999. Primeiro Premio “I Certame Camino de Santiago" Melide.
2017. Primeiro premio á traxectoria á Arte e Cultura da rexión da Barbantia presentada polos alcaldes de Noia, Ribeira, Portosin, Lousame, Porto do Son e Deputación da Coruña.