Manuel Lorenzo Janeiro Casal


Categoría: Deseñador gráfico
Data de Nacemento: 10 de agosto de 1951
Lugar de Nacemento: Madrid
 Currículum

Colexiado Nº 125 do Colexio Profesional de Deseñadores Gráficos de Cataluña, é membro da Comisión Técnica de Deseño do ‘Consello da Cultura Galega’ e membro do consello asesor da Fundación Carlos Casares.
Foi seleccionado para as seguintes exposicións: ‘Galicia: Tradición e Deseño’ Xunta de Galicia (1991), ‘Galicia Terra Única’, Xunta de Galicia (1997), ‘A creación do necesario. Aproximacións ó deseño do século XX en Galicia’, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (2004).
Foi integrante dos seguintes consellos de redacción: ‘La Pizarra’, suplemento do diario Faro de Vigo (1978-1979), ‘Revista Galega de Educación’ (1986-1989) e ‘Obradoiro’, revista do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (1987-1990).

 Obras realizadas

Realizou os seguintes proxectos estatais e internacionais: Campaña ‘Fálalle Galego’, Xunta de Galicia (1984), imaxe corporativa da Editorial Galaxia, Vigo (1987), imaxe corporativa do Centro Cultural da Embaixada de España en Arxel (1988), imaxe corporativa da Editorial Gredos, Madrid (1989), catálogo de distribución da Real Academia Española (1991), imaxe corporativa da Real Academia Galega (1994), campaña de carteis institucionais da Universidade de Alcalá de Henares (1996), imaxe corporativa do ‘Instituto Galego de Psicomotricidade’ (1998), imaxe corporativa do Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística do ‘Consello da Cultura Galega’ (1999), deseño editorial das publicacións do ‘Consello da Cultura Galega’ (2001), imaxe corporativa da librería española Guadalquivir, Bos Aires (2001), imaxe corporativa do ‘Instituto Europeo di Psicomotricitá’, Melfi – Italia (2002), imaxe corporativa do Instituto Internacional de Eutonía, Santiago (2002), imaxe corporativa da Fundación Carlos Casares, Vigo (2003), deseño da colección: ‘Arquitectura da Universidade de Vigo’, Universidade de Vigo (2004).

PUBLICACIÓNS:
Dicionarios e enciclopedias nas que aparece como entrada ou é autor da mesma e do artigo correspondente: Gran Enciclopedia Galega, tomo XVIII, editor: Silverio Cañada, Santiago de Compostela (1974), Enciclopedia Galega Universal, tomo X, Ir Indo Edicións, Vigo (1999), Diccionario dos Nomes Galegos. Ir Indo Edicións, Vigo (1992), ‘Deseño’, Gran Enciclopedia Galega, tomo XIII, El Progreso-Diario de Pontevedra, Pontevedra (2003) e Diccionario Enciclopédico Galego Universal, tomo XXXV, La Voz de Galicia, A Coruña (2003).

POEMARIOS:
‘Seis poemas’ en ‘La Banda de Moebius. Antología’, Madrid, editor: Luís Manuel Rodríguez, pp. 11-16 (1977), ‘Primera edad’, Edicións Castrelos, Vigo (1977), ‘Poemas sobreros’, Madrid, editor: Octavio Cólis (1989) e ‘Casi en noviembre’, Edicións Bárbaras, Vigo (1996).

ARTIGOS e OUTRAS PUBLICACIÓNS:
‘La imagen, su función, su tipología y su lectura en el lenguaje plástico. El tema y su significado para el niño', Madrid, Universidade Nacional de Educación a Distancia, pp. 11-52 (1976); ‘Ascensión do deseño aos ceos’, Luces 5/6, p. 21 (1987); ‘O deseño gráfico dos anos noventa’ en Galicia Terra Única. Galicia Hoxe, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, pp. 122-124 (1997); ‘O deseño editorial en Galicia’, Eidos do Libro 1, pp. 42-43 (1998); ‘Deseño’ en 'Galicia 2010. Lingua e Cultura', A Coruña, Asociación Proxecto de Investigación Galicia 2010, pp. 115-118 (2001) e ‘Deseño. ¿Que pode significar esa palabra?’ (serie de sete entregas baixo este epígrafe), ECO. Revista do Eixo Atlántico 141, pp. 70-72; 142, p. 47; 143, p. 47; 145, p. 77; 146, p. 75; 148. pp. 71; 149. p. 73 (2003).

FILMOGRAFÍA:
Guión e dirección de ‘Mínimo’, obra arquitectónica de Alberto Noguerol e Pilar Díez, OFF filmes / TVG, Santiago de Compostela (2003) e guión e dirección de ‘As persoas do verbo’, obra arquitectónica de Guadalupe Piñeira e Xesús Irisarri, OFF filmes / TVG, Santiago de Compostela (2004).

 Outros datos de interese

Funda o primeiro estudio profesional de deseño gráfico en Galicia en 1978. Desde 1989 ata hoxe é responsable da imaxe global da Editorial Gredos (Madrid), comprendendo deseño editorial, corporativo e publicitario. Ocupou a mesma responsabilidade na Editorial Galaxia (Vigo) desde o ano 1987 ata o 2002, sendo na actualidade responsable do deseño das seguintes coleccións: ‘Literaria’, 'Bibliotecas de Autor’, ‘Dombate’, ‘Illa Nova’, Manuais’, ‘Memoria’, ‘Ensaio’, 'Biblioteca de Teatro’, 'Clásicos en Galego’ e ‘Clásicos Universais’.
Desde o ano 2001 ata hoxe é responsable do deseño das seguintes coleccións do ‘Consello da Cultura Galega’: ‘Colección Base’, 'Colección de Peto’, 'Colección Gran Formato’ e ‘Fontes para a Historia de Galicia’. Polo que se refire ó deseño editorial, ten realizado máis de 2.500 libros. Desde 1974 exerce a docencia no Colexio 'Martín Códax' de Vigo.