De moi neno trasládase a Ourense onde realiza sos seus primeiros estudos.
A súa vocación literaria desenvólvese coa amizade de poetas locais como Abelardo Santórum, Víctor Campio Pereira, Serafín Gómez Pato e A. Tovar.
Licénciase en Filoloxía Románica. En Santiago de Compostela relaciónase con Varela Jácome, Carlos Casares, Francisco Javier Carro e J.F. Ferreiro. Colabora en "As nosas páxinas galegas" do diario ABC. Profesor de Música e Literatura na antiga Universidade Laboral.
Toma posesión no Instituto Otero Pedrayo como profesor de Lingua e Literatura Española o 4 de decembro de 1961, é tamén director do Coro masculino de Música do Instituto, e forma parte dos seminarios de Filosofía e Literatura que presiden Ferro Couselo e Ogando Vázquez. É nomeado xefe do primeiro Seminario de Lingua Galega. Ferro Couselo propono para membro do Grupo "Marcelo Macías". É confirmado oficialmente e colabora na edición do Boletín Auriense.
Colabora musicalmente con Xaquín Lorenzo na recompilación do "Cancioneiro da Baixa Limia". A súa afección á música lévao a dirixir diversas agrupacións corais como a Coral de Ruada que accede a súa dirección no 1956, dálle un novo rumbo ca renovación do repertorio con introdución de novas obras polifónicas galegas e da polifonía universal, en 1964 abandona temporalmente a dirección da Coral para retomala no ano 1969 ata 1970 e ultimamente dirixía a coral Vellos Amigos, expresión viva das súas inquedanzas musicais e poéticas.
O seu currículo é amplo como compositor xa que rescata cantigas populares, ademais de crear pezas propias, montando un auténtico arquivo musical de coro, entre as pezas populares destacan "Ourense ó lonxe", e "A Virxe de Portovello", recollidas nun amplo repertorio publicado pola Deputación Provincial no 2005 titulado: "Cantos de traer e levar" ademais de musicólogo é poeta.
É o autor do libro de poesía: "Cantares" (2005), editado tamén pola Deputación Provincial.