Quedou orfo aos poucos anos e cada un dos irmáns emprende camiños por separado. O 4 de outubro de 1950 -con 14 anos- Manuel Castro incorpórase ao mercado laboral como "listero" para Patrimonio Forestal do Estado. Inicia así unha traxectoria profesional á que vai dedicar 50 anos da súa vida. Habería que exceptuar a tempada do servizo militar, ao que se incorpora o 22 de febreiro de 1958, facendo a instrución no Rexemento de Infantaría Isabel la Católica da Coruña. Finalizada esta se marcho o 5 de abril ao campamento de Santa Cruz de Parga. Xura bandeira o 2 de maio de e o 25 de xuño é ascendido a cabo de Infantaría. Licencíase o 31 de xullo de 1959, fixando a súa residencia na localidade de Narla, en Friol e segue traballando no sector forestal polo Réxime Especial Agrario. Ten computados dende 1952, un total de 5.540 días.
Cos cambios nos destinos laborais cambia a súa localidade natal de Narla polas terras da bisbarra do Cebreiro. E, en 1968, incorporouse ao corpo de Axentes Forestais do ICONA, integrado no Ministerio de Agricultura. Aquí permanecerá nun total de 7.155 días, 19 anos e medio, ata 1987, que, sumados aos anteriores dan un total de 12.786 días, 35 anos de servizo forestal.
Por estes lugares de traballo, coñece a Delfina Alba, de Vilar de San Andrés e casa con ela en 1971. O seu domicilio definitivo dende entón será Pedrafita do Cebreiro. Froito deste matrimonio son os seus catro fillos; Marta, José Manuel, Miguel e Montserrat.
A finais dos oitenta perfílanse cambios de dependencia administrativa e o ICONA pasa integrarse na Xunta de Galicia, de modo que o 1 de xaneiro de 1989 consolida o grao de Axente Forestal e entra no Servizo de Montes e Industrias Forestais da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. O 10 de decembro de 1992 culmina a súa carreira forestal como Axente Zonal de Montes, do corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia. E a súa zona de traballo é Pedrafita do Cebreiro. O 2 de marzo de 2001 xubílase nesta localidade onde desenvolveu, xunto á súa área de influencia a práctica totalidade dos seus 50 anos da súa actividade profesional. Faleceu o 8 de maio de 2010 en Pedrafita, aos 75 anos de idade.
Fotógrafo da Montaña
Non se sabe exactamente cando Castro -que así lle coñecían todos- empezou a coller unha cámara de fotos. O feito é que unha vez que a tivo nas súas mans formou parte da súa indumentaria cotiá. De formación autodidacta, mediante cursos por correspondencia e gran dose de entusiasmo conseguiu de carné de fotógrafo ambulante que lle permitía actuar polas localidades de Pedrafita, As Nogais, Cervantes e outras captando instantáneas de paisaxes, xentes, vida social...
Aínda Que profesionalmente se forxou como Axente Forestal, a súa traxectoria vital, unida á súa aficción -feita tamén profesión en moitos momentos- fixo que instantes da vida cotiá, persoal, laboral... de gran parte dos habitantes da zona da Montaña da provincia de Lugo quedase plasmada nas súas fotografías.
Ao contemplar as súas fotografías encontramos unha radiografía dun país e dunhas xentes que loita na súa transición á demoracia cun traballo incansable. Moita ilusión e esperanza de cambios, progreso e creación de novas estruturas tanto materiais coma de valores espirituais, épocas de logros e crecemento... todo isto inmortalizado pola cámara de Castro. Tamén quedan retratos os momentos de vodas, banquetes, reunións, bautizos, comuñóns, festas... que amosan a unión de familias e pobos enteiros é estes acontecementos. E son moitas as caras que dormen nos negativos de tres décadas de "fotos carné" nos se reflicten as vidas de moitas persoas, que, a través deses rostros, transparentan todos tipo de sentimentos.
Nos anos 80 Castro actuou tamén de correspondente para La Voz de Galicia na súa edición de Lugo. Crónicas e fotografías da época reflicten a vida social e política do municipio de Pedrafita, así como momentos de denuncia polas deficiencias nas infraestrutura