Manuel Cao Fernández


Categoría: Economista
Data de Nacemento: 28 de agosto de 1954
Lugar de Nacemento: Vilarchao. Coles (Ourense)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago coa tese titulada ‘A Política Económica da Xunta de Galicia’ (1982-1997), foi bolseiro da Fundación Empresa Pública do Instituto Nacional de Industria na empresa IBERIA, Liñas Aéreas de España na Dirección de Recursos Humanos (Madrid) e profesor de Tecnoloxía Administrativa e Comercial en varios Institutos de Educación Secundaria e Profesional de Galicia. Na actualidade é Profesor de Política Económica (Depto. de Economía Aplicada) na Universidade de Santiago de Compostela.

 Obras realizadas

Ademais do libro ‘A política económica da Xunta de Galicia (1982-1997). Economía e autogoberno’, A Nosa Terra, (xaneiro de 2005), escribe numerosos artigos colaborando semanalmente na Sección de Economía do semanario ‘A Nosa Terra’ desde 1993 e esporadicamente en xornais (Diario 16, La Voz de Galicia, El Correo Gallego, La Región) e revistas (Revista Galega de Economía, Análise Empresarial, Galicia Internacional, Tempos Novos, A Trabe de Ouro e Enclave).
O campo de estudo específico no que realiza os seus estudios atinxe ás políticas económicas das Comunidades Autónomas tanto no ámbito das políticas públicas en xeral como das políticas sectoriais. Neste sentido, os traballos realizados abordan un campo de estudio pouco analizado en España –probablemente, polo seu carácter conflitivo- que fai referencia á problemática e implementación das políticas no Estado das Autonomías. O traballo principal que deu lugar á tese é o primeiro que analiza a política económica dunha CA utilizando enfoques teóricos novidosos dos que destacamos a nova economía institucional.

 Outros datos de interese

Foi membro do consello de redacción da Revista Galega de Economía e da Revista Galega de Política e Pensamento ENCLAVE.