Yolanda Díaz Pérez


Categoría: Avogada
Data de Nacemento: 6 de maio de 1971
Lugar de Nacemento: Fene (A Coruña)
 Currículum

É avogada e coordinadora nacional de IU. Foi a primeira das nenas nadas no barrio obreiro de San Valentín, barrio novo vinculado daquela aos estaleiros de Astano.

Na adolescencia trasládase a vivir a Compostela onde cursa estudos no instituto Rosalía de Castro e logo na facultade de dereito da USC, na que se licencia en dereito, para ampliar estudos en Francia (París).

Compatibiliza nunha esgotadora axenda o seu traballo profesional como avogada en Ferrol coas tarefas propias da militancia política e social e as felices que se derivan de ter unha meniña de apenas 7 meses. Voceira do Grupo Municipal de EU no concello de Ferrol, Coordinadora Nacional de Esquerda Unida, forma parte das direccións do PCG e de IU.

Actualmente é Ministra de Traballo e Economía social.