Eduardo Blanco Amor


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 8 de setembro de1897 (†2 de xaneiro de 1979)
Lugar de Nacemento: Ourense
 Currículum

Emigrou a Bos Aires e alí dedicouse ó periodismo, á poesía e á oratoria. Dirixiu as revistas da colonia galega "A terra" e "Céltiga", ó tempo que se relaciona co ambiente literario arxentino. Viaxa como correspondente a España e entra en contacto con poetas españois da xeración do 27,especialmente con Federico Garcia Lorca, que publica por eses anos os seus Seis poemas galegos, con prólogo do propio Blanco Amor. En Madrid encargouse da redacción da revista "Ciudad". Foi profesor na Facultade de Humanidades e Ciencias de Uruguai e na Escuela Internacional de Temporada en Santiago de Chile. Tamén foi director do Teatro Español de Cámara de Bos Aires.

 Obras realizadas

POESÍA: Publicou Romances galegos en Bos Aires (1928). Ademais dos Romances publicou Poema en catro tempos (1931), que pode ser considerada como a súa mellor contribución á poesía galega, o libro de versos casteláns En soledad amena (1941), Cancioneiro (1956) e Horizonte evadido (1963), tamén escrito en castelán.
NARRATIVA: Aínda que comezou a publicar na revista ourensá Nós tres capítulos da que sería a súa primeira contribución á novela galega, A escaleira de Jacob, esta obra non chegou a publicarse na súa totalidade. Así pois a súa producción narrativa iníciase na posguerra coa novela La catedral y el niño publicada en Bos Aires no ano 1949. Tamén na capital arxentina aparece no ano 1959 A Esmorga, que en 1962 foi traducida por el mesmo ó castelán co título de La parranda. Neste mesmo ano a editorial Galaxia publica o seu libro de contos Os biosbardos, que son unha serie de relatos de tipo autobiográfico ambientados na cidade de Ourense. En 1963 queda finalista do premio Nadal coa obra Los miedos e a súa producción narrativa finaliza no ano 1972 coa publicación da obra Xente ao lonxe.
TEATRO: Blanco Amor publicou dous volumes de pezas de teatro: Farsas para títeres (1973) e Teatro para a xente (1975).
ENSAIO: Contribuíu a este xénero con traballos como Chile a la vista, El Padre Feijoo, Volviendo a Ortega y Gasset, Castelao y Las buenas maneras.

 Outros datos de interese

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no ano 1993.