Manuel Abeledo López


Categoría: Política
Data de Nacemento: 5 de abril de 1945 († 19 de marzo de 2016)
Lugar de Nacemento: Goiás
 Currículum

Licenciado en Filosofía e Letras pola Univ. de Salamanca. Profesor de BUP e COU e Director Técnico do Colexio Privado "Liceo La Paz" da Coruña desde o ano 1973 ata o ano 1975. Funcionario do Corpo de Inspectores Técnicos de Educación por oposición. Inspector Técnico de Educación en Málaga desde o 28 de marzo de 1979 ata o 30 de marzo de 1984. Inspector Técnico de Edicación en Melilla desde 31 de marzo de 1982 ata 12 de marzo de 1984. Profesor-Tutor da UNED (Centro de Melilla). Subdirector Xeral de Planificación, Profesorado e Centros da Consellería de Educación Cultura da Xunta de Galicia desde o 13 de marzo de 1984 ata o 2 de xaneiro de 1987. Inspector Técnico de Educación da Coruña desde o 3 de xaneiro de 1987 ata o 21 de marzo de 1989. Inspector Xefe de Educación da Coruña desde o 22 de marzo de 1989 ata o 6 de marzo de 1991. Director Xeral de Transportes da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia desde o 7 de marzo de 1991 ata o 3 de xaneiro de 1994. Delegado Provincial da Consellería de Agricultura, Gandeiría e Montes da Xunta de Galicia desde o 4 de xaneiro de 1994 ata xullo de 1995.

 Obras realizadas

Asistiu a un considerable número de cursos, seminarios, etc... fundamentalmente relacionados coa educación, organización e dirección de Empresas e dereito Administrativo, nuns casos como alumno e noutros como relator.

Foi Presidente da Deputación de Pontevedra, concelleiro do Partido Popular en Lalín e Vicepresidente provincial do Partido Popular en Pontevedra.

 Outros datos de interese

Casado, tivo tres fillos.