Mestre coa especialidade en Lingua Galega e Ciencias Sociais. Desenvolveu toda a súa carreira docente no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco (A Coruña).
Como ensinante participou en movementos de renovación pedagóxica e impartiu cursos e xornadas de formación do profesorado no eido das materias da súa especialidade. Publicou varios libros de texto sobre esas áreas, dirixidos ao alumnado de E. Primaria e E. Secundaria.
Actualmente preside o Instituto de Estudos Bergantiñáns e forma parte do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte e da Fundación Gonzalo López Abente.
Como investigador e divulgador sobre a comarca de Bergantiños e A Costa da Morte, leva publicados libros, cadernos e folletos de rutas, artigos en xornais e revistas.
Libros publicados: Muxía e o seu Concello (coautor), Concello de Muxía, 1992, Coristanco, Terra da Pataca, Concello de Coristanco, 1994, A Cultura Popular en Coristanco (coautor), Concello de Coristanco, 1997, Deporte e aventura na Costa da Morte (coautor), Edicións Lea, 1998, Costa da Morte. Guía Turística-Cultural, Asociación Neria, 1998, Ramón Caamaño, historia viva da Costa da Morte, Editorial Xaniño, 1999, O camiño dos peregrinos a fin do mundo (coautor), Deputación Provincial da Coruña, 2000, Descubre a comarca de Bergantiños, Editorial Xaniño, 2001, Lugares con encanto da Costa da Morte, Editorial Xaniño, 2003, Rutas para descubrir a Costa da Morte, Editorial Xaniño, 2007, A Romaría da Barca, Editorial Xaniño, 2007, A Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte (coautor), Edición Xerais, 2010, Romarías da Costa da Morte (coautor), Seminario de Estudos Comarcais, 2011, Ruta a pé pola Costa da Morte, Asociación Neria, 2011, Un mar de sensacións. Rutas e poemas para descubrir A Costa da Morte (coautor), Seminario de Estudos Comarcais, 2012, Guía de Carballo, Concello de Carballo, 2013, Unidade Didáctica de Gonzalo López Abente, Deputación da Coruña, 2013, Descubre Muxía. Concello de Muxía, 2014, Lendas da Costa da Morte, Edicións Embora, 2017, Unha parroquia singular, A Graña. Paisaxe, historia e patrimonio, Concello de Covelo e A. de Montes en Man Común da Graña (Covelo-Pontevedra) 2017, Andando por Bergantiños (19 caderniños sobre as parroquias desta comarca), con outros autores.
Foi galardoado cos premios de Bergantiñán do Ano (2004) e María Amelia (2010).