Director-Xerente da Fundación Caixa Galicia-Claudio San Martín. Catedrático da Univ. Santiago. Profesor da Complutense ata 1979. Licenciado e Doutor en Pedagoxía con cualificación cum laude. Premio extraordinario de licenciatura e doutoramento da UCM. Premio ós mellores bolseiros, MEC. Premio á vocación en investigación e docencia en Barcelona. Premio San Xosé de Calasanz de investigación pedagóxica en Madrid. Premio fin de carreira, MEC. Insignia de ouro da Universidade de Santiago de Compostela (1988). Medalla de prata de Galicia (1998). Insignia de ouro da Universidade da Coruña (2000). Profesor honorario da Universidade de Bos Aires (1993). Director de Universidades e Investigación na Administración Educativa de Galicia (1990-97). Responsable do inicio da RECYTGA (Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia) e dos servicios anexos á mesma para apoio ó sistema universitario e á comunidade científica, entre eles a incorporación do sistema universitario galego á AUIP (Asociación Universitaria Iberoamericana de posgrao) e á rede ATEI (Asociación de Televisión Educativa Iberoamericana), a Revista Galega de Cooperación Científica Iberoamericana, o catálogo universitario de posgrao (AUIP) e o monográfico de Datos estatísticos do sistema universitario de Galicia. Vocal e membro de diversas asociacións nacionais e internacionais de carácter académico e profesional, relacionadas coa educación. Visitou universidades de Europa, América e China.
As liñas de investigación: finalidades, valores, sistemas educativos e redes desenvolvemento profesional das funcións pedagóxicas. Intervención pedagóxica: explicación da acción e significación do coñecemento da educación. Desenvolvemento de sistemas universitarios e política científica. Publicou artigos e libros sobre as liñas de investigación mencionadas (máis de 100 artigos en revistas especializadas e 15 libros en editoriais con ISBN).
Colaborador da Oficina estatal de Ciencia e Tecnoloxía. Asesor do IGACI (Instituto Galego de Cooperación Iberoamericana). Director de proxectos de investigación e sistemas interactivos de intervención pedagóxica. Supervisor e colaborador do proxecto europeo "A Ponte" (CESGA). Avaliador dos proxectos CIDE 1998, en representación da Axencia Nacional de Avaliación e Prospectiva.