Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, Inspector de Educación e Profesor de ensino básico (excedente). Doutor en Pedagoxía e titulado en Psicoloxía Pedagóxica pola Universidade Complutense de Madrid. Actualmente é Director do Departamento de Métodos e Técnicas de Investigación en Ciencias do Comportamento e da Educación, da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Nesta foi tamén Director do Instituto de Ciencias da Educación (ICE) e Director do Servicio de Publicacións e Intercambio Científico.
Autor de diversos libros entre eles: 'Intervención Psicopedagógica y Orientación Educativa' (Barcelona; P.P.U., 1990), 'Servicios de Orientación ós Centros Educativos' (Santiago; Laiovento, 1996), 'Evaluación Psicopedagógica y Orientación Educativa' (Barcelona; Estel, 2000), 'Estratexias de Orientación Psicopedagóxica no Ensino Secundario' (Santiago; Laiovento, 1998), 'Orientación Profesional' (Barcelona; Estel, 2000), 'Diagnóstico en Educación' (Madrid, Biblioteca Nueva, 2002), e 'Evaluación y Orientación de Competencias y Calificaciones Profesionales' (Barcelona; Estel, 2004).
Asinante dos pactos do Hostal da Reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia, como Secretario Xeral do Partido Galeguista, 1980.