Entra a formar parte de "Cántigas e Frores" en 1962, integrándose no coro e o grupo de baile. Posteriormente foi profesor de baile e director, durante algún tempo, do grupo de baile desta asociación. Desde o ano 1971 é o responsable do funcionamento da asociación cultural "Cántigas e Frores", fundada en 1948. Nesta asociación veu desempeñando o cargo de secretario xeral e ata o ano 2004 a presidencia. Fundador e primeiro presidente da Federación Galega de Grupos de Danza. Posteriormente volveu desempeña-la presidencia ata xaneiro do ano 2000. Foi fundador, vicepresidente primeiro e presidente da Federación Española de Agrupacións de Folclore. Organizador e director dos vinte cursos de cultura tradicional galega que se viñeron desenvolvendo en Lugo desde 1983, con carácter anual. Subdirector do 1º Congreso de Folclore das Comunidades e Nacionalidades Históricas, desenvolvido en Santiago de Compostela en xaneiro de 1985, organizado pola Consellería de Educación e Cultura. Organizador do 1º Congreso de Folclore Galego celebrado en Lugo en decembro de 1985. Organizador e responsable dos Festivais das Comunidads do Estado Español e dos Pobos de Europa, celebrados en Galicia nos anos 1983-86. Membro en varias ocasións do comité organizador da Romaría Internacional. Membro dos comités de honra dos primeiros Congresos de Folclore Andaluz (Granda, 1986), (Sevilla, 1988). Membro do Gabinete Técnico do Conselleiro de Educación e Cultura (1984-86). Concelleiro de cultura no concello de Lugo (1987-91), sendo nomeado na última etapa desta lexislatura primeiro tenente de alcalde. Concelleiro no concello de Lugo na lexislatura 1991-95.
Desde 1999 ata o 2010 formou parte do Conxunto Vocal Lugh. En setembro de 2010 incorporouse á Coral Polifónica Hospital Xeral-Calde.
En 2006 participa como compoñente e coordenador, na representación da zarzuela galega "Non chores, Sabeliña", de Gustavo Freire e Trapero Pardo. Representación que foi posta en escena polo coro Lugh, o grupo de teatro Achádego e a Orquestra Municipal de Xove.
En 2007, en colaboración con Fernando Gómez Jácome como director, crea o coro de voces femeninas 'Cantar Delas'. É nomeado presidente, cargo que exerce ata xaneiro de 2018.
En 2013, crea a asociación LECERLUGO, na que é elexido presidente. Este cargo exérceo ata setembro de 2014, onde pasa a desempeñar a secretaría xeral. En 2017 cesa como membro desta asociación.
Nos anos 2016 e 2017, coordina varios concertos de ópera e zarzuela, a cargo de catro coros lucenses: 'Sólo voces', 'Lugh', 'Coral polifónica del Hospital Xeral-Calde' e 'Cantar delas'.
Realizou cursos de técnica vocal, dirixidos por Julio Domínguez, Fernando Gómez Jácome e Aiblin Brito.
Entra a formar parte de "Cántigas e Frores" en 1962, integrándose no coro e no grupo de baile. Posteriormente foi profesor de baile e director, durante algún tempo, do grupo de baile desta asociación. Dende o ano 1971 é o responsable do funcionamento da asociación cultural "Cántigas e Frores", fundada en 1948. Nesta asociación veu desempeñando o cargo de secretario xeral e posteriormente a presidencia ata o ano 2004.
Fundador e primeiro presidente da Federación Galega de Grupos de Danza, en 1983. Posteriormente volveu a desempeñar a presidencia ata xaneiro do ano 2000.
Foi fundador, vicepresidente primeiro e presidente da Federación Española de Agrupacións de Folklore, creada en Madrid en 1983.
Organizador e director dos vinte cursos de cultura tradicional galega que se celebraron en Lugo dende 1983/2002, con carácter anual.
Subdirector do 1º Congreso de Folklore das Comunidades e Nacionalidades Históricas, celebrado en Santiago de Compostela en xaneiro de 1985, organizado pola Consellería de Educación e Cultura. Participan case 1.000 congresistas procedentes de toda España.
Organizador do 1º Congreso de Folklore Galego celebrado en Lugo en decembro de 1985.
Organizador e responsable dos Festivais das Comunidades do Estado Español e dos Pobos de Europa, celebrados en Galicia nos anos 1983-86.
Membro en varias ocasións do comité organizador da Romería Internacional.
Membro dos Comités de Honra dos primeiros Congresos de Folklore Andaluz (Granada, 1986), (Sevilla, 1988).
Membro do Gabinete Técnico do Conselleiro de Educación e Cultura (1984-86).
Concelleiro de Cultura no concello de Lugo (1987-91), sendo nombrado na última etapa desta lexislatura primeiro tenente do alcalde.
Concelleiro no concello de Lugo na lexislatura 1991-95.
Dende 1999 ata o 2010 formou parte do Conxunto Vocal Lugh. En setembro de 2010 incorporouse á Coral Polifónica Hospital Xeral-Calde.
En 2006 participa como compoñente e coordinador, na representación da zarzuela galega "Non chores, Sabeliña", de Gustavo Freire e Trapero Pardo. Dita representación foi posta en escena polo coro Lugh, o grupo de teatro Achádego e a Orquestra Municipal de Xove.
En 2007, en colaboración con Fernando Gómez Jácome como director, crea o coro de voces femeninas 'Cantar Delas'. É nomeado presidente, cargo que exerce ata xaneiro de 2018.
En 2013, crea a asociación LECERLUGO, na que é elixido presidente. Este cargo exerceo ata setembro de 2014, onde pasa a desempeñar a secretaría xeral. En 2017 cesa como membro desa asociación.
Realizou cursos de técnica vocal, dirixidos por Julio Domínguez, Fernando Gómez Jácome e Aiblin Brito.
Nos anos 2016 e 2017, coordina varios concertos de ópera e zarzuela, a cargo de catro coros lucenses: 'Sólo voces', 'Lugh', 'Coral polifónica do Hospital Xeral-Calde' e 'Cantar delas'.
En 2016 crea o grupo “Lugo en fotos”, en Facebook, que actualmente administra conxuntamente e que a finais de 2018 roza os 11.000 membros.
En 2017 pasa a formar parte do colectivo SPQL (SenatusPopulusQueLucensis), que é unha das asociacións fundamentais na festa popular "Arde Lucus", que se celebra cada ano no mes de xuño.
En setembro de 2018, pasa a formar parte por elección, da xunta directiva da Asociación Nacional de Veteranos del Sahara.
En novembro de 2018, é elixido presidente da Xunta Rectora da Asociación de Jubilados de Lugo (AJYPEL).
En febreiro de 2020 é elixido presidente do Coro do Hospital de Lugo', cargo que ocupa ata o 30 de abril de 2021, data na que cesa por decisión propia.
En septiembre de 2024, presenta su renuncia a la presidencia de la Asociación de Jubilados y Pensionistas de Lugo.
Está en posesión da Insignia de Prata do Centro Galego de Zaragoza (1977), da Insignia de Ouro de "Cántigas e Frores" (1985), a Placa de Prata da Federación Coral Galega, FECOGA (1985) e a Medalla de Ouro da Federación Galega de Grupos de Danza (2001). En 2004 foi nomeado Presidente de Honra de "Cántigas e Frores" e "Lucense do Ano". En febreiro de 2008, o presidente da Federación Española de Agrupacións de Folklore, impúxolle a insignia de ouro da citada FEAF, máxima distinción contemplada nos seus estatutos.