Juan Antonio Suanzes Fernández


Categoría: Enxeñeiro da Armada
Data de Nacemento: 20 de maio de 1891 (†6 de decembro de 1977)
Lugar de Nacemento: Ferrol (A Coruña)
 Currículum

Ingresou con 12 anos na Escola Naval do Ferrol. En 1906 alcanza o grado de guardamarina, sendo destinado ó gardacostas "Numancia" e máis tarde ó acoirazado "Pelayo". En 1908 ascende a alférez de fragata, estando destinado en distintos navíos. En 1909 ascendeu a comandante de Enxeñeiros e en 1921 a tenente coronel de Enxeñeiros. En 1921 foi nomeado director do estaleiro da Sociedade Española de Construcción Naval de Cartaxena. Seis anos máis tarde volveu a Ferrol, onde permaneceu ata 1934. Posteriormente foise a Madrid e desempeñou o posto de xefe da Inspección da Construcción Naval. Tras saír do cárcere por ter participado nunha folga, refuxiouse nunha embaixada cando estallou a guerra civil. Ó comeza-la Guerra Civil ponse ó lado de Franco, reingresando na Armada. No primeiro goberno de Franco e no de 1944 foi nomeado ministro de Industria e Comercio. En 1941 foi o primeiro director do INI.

 Obras realizadas

Suanzes foi o autor da obra La industrialización de España en 1949 (Madrid, 1949).

 Outros datos de interese

En 1953 foi nomeado socio de honra do Instituto de Enxeñeiros Civís de España, en 1955 recibiu a medalla de ouro ó mérito no Traballo. En 1961 recibiu o premio de Enxeñería da Fundación March e en 1962 foille concedida a medalla de ouro de Madrid polo seu labor en beneficio da cidade como presidente do INI. En 1964 foille concedida a gran cruz de Alfonso X o Sabio e en 1976 foi investido doutor honoris causa pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais da Universidade de Madrid.