Juan Álvarez Sotelo


Categoría: Xesuíta
Data de Nacemento: 25 de novembro de 1648 (†16 de xuño de 1712)
Lugar de Nacemento: Perrelos – Sarreaus (Ourense)
 Currículum

Entrou na Compañía de Xesús en 1672 e ordenouse dez anos máis tarde. Ensinou Gramática e Humanidades en Monterrei ata 1694 e pouco despois foi trasladado a Santiago.

 Obras realizadas

Escribiu varias obras, aínda que non foron publicadas e algunhas delas se perderon: Epílogo de Santa Eufemia, Epílogo de la vida y martirio de Santa Marina de Aguas Santas, Predicación y viaje de Santiago a España e Historia general del Reino de Galicia, repartida en cinco libros, en que se trata de sus pobladores después del diluvio universal, antigüedades y guerras civiles en España hasta que fue dominado por los árabes. Esta obra quedou interrompida e consérvase na Real Academia de Historia.