José Torres Piñeiro


Categoría: Cantautor
Data de Nacemento: 1951
Lugar de Nacemento: Saavedra, Begonte (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

José Torres Piñeiro, natural de Saavedra-Begonte (Lugo), naceu en 1951. Residiu en Ponferrada (León) dende 1986 ata 2018 e actualmente vive en Lugo.

Dende moi novo amosou un grande amor pola música, desenvolvendo unha extensa traxectoria como músico, compositor, cantautor, intérprete de música medieval e escritor.

Aos 12 anos comezou a estudar solfeo no seminario, onde esta asignatura se convertiu na súa favorita. Foi alí onde tivo contacto con unha guitarra por primeira vez, quedando profundamente impactado polo seu sonido e forma.

Despois de abandonar o seminario, comezou a traballar para adquirir a súa primeira guitarra, aprendendo a tocala coa axuda de amigos. Xuntos formaron pequenos grupos musicais e participaron nos guateques tan característicos de finais dos anos 60.

En 1972, na súa localidade natal de Begonte, participou na creación e asumiu a dirección musical do grupo “Los Tupy’s”, que tivo unha notable actividade en festas locales e no Teleclube de Begonte, onde a súa directiva os nomeou titulares.

Durante o seu servizo militar en Cádiz, estudiou música e composición con un recoñecido mestre do Conservatorio Manuel de Falla, quen tamén era o profesor do que chegou a ser recoñecido pianista Felipe Campuzano. Nese período, José compuso a súa primeira obra, “Na Beiriña do Miño”, a que, un día foi interpretada ao piano a catro mans, polo seu mestre e o alumno aquel avanzado que chegou a ser tan recoñecido pianista.

En 1976, xa con varias composicións propias, debutou como cantautor no evento “I Encontro da Música Galega” celebrado en As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

A partir de 1982, xa residindo novamente en Lugo, comezou a presentarse baixo o nome artístico de Xosé Torres. Participou en diversos festivais e eventos culturais, entre os que destacan:

• Festival de Pardiñas (Guitiriz, Lugo).

• Encontro da Nova Música Galega (Santiago de Compostela).

• I Festa Folk (Rábade, Lugo).

• Festival-Canción Liceo La Paz (A Coruña).

• Semana Cultural das Letras Galegas na Escola de Maxisterio de Lugo.

Entre 1983 e 1986, residiu en Carboneras (Almería), onde dirixiu un aula musical promovida pola Agrupación Deportiva e Cultural da CTLA Endesa. Durante este período:

• Compuxo varias cancións.

• Comezou a tocar o piano.

• Asociouse á 'Sociedad General de Autores y Editores' (SGAE).

En 1986, trasladouse a Ponferrada (León), onde fundou diversos grupos e orquestas que participaron activamente en celebracións da comarca do Bierzo.

En 1987, inspirado polo secuestro da nena Mélodie Nakachian, compuxo “Pequeña Mélodie”, interpretada en 1988 nun Festival Internacional dirixido por Frank Pourcel, que se celebrou en Villa Mélodie, Estepona-Málaga. Este evento marcou un fito na súa traxectoria, sendo invitado a programas de televisión e recoñecido en varios medios.

En 2003, foi finalista no “Festival da Canción do Landro” en Viveiro (Lugo), onde gañou o Primeiro Premio á Mellor Canción Inédita en Galego coa súa obra “Lembranza a Xuventude”. 

Entre 2004 e 2007, participou varias veces no Festival da Canción do Landro con composicións como “A Compostela”, “Terra Nobre”, “Cada Quen” e “O Meu Recanto”.

En 2009 e 2010, produxo os discos de “El Jilguero del Bierzo”, destacando:

• “Mis Canciones Favoritas”.

• “Cantando al Bierzo y Ponferrada”.

Entre 2005 e 2011, foi xurado do Festival Internacional de Karaoke en Salvaterra do Miño (Pontevedra). 

En 2018, José fundou o grupo NIHILNOVUM, adicado á interpretación de música medieval con réplicas de instrumentos históricos. En 2022, creou unha nova agrupación máis acorde aos seus ideais, LUG'ANTIGA Ensemble, coa que promoveu a música do Rey Alfonso X O Sabio. Este grupo transformouse na asociación ACM-LUG'ANTIGA, da que foi nomeado presidente.

Participou en diversos cursos especializados de música medieval, como:

• 2020: Curso sobre instrumentación de danzas medievais no VI Festival MOMUA.

• 2022: Cursos de Cantigas de Santa María e Polifonía no ciclo 'Música en la Catedral' (Cuenca).

• 2023: Curso sobre o “Llibre Vermell de Montserrat” no marco de MIRABILIA; obtendo diploma da UIMP (Cuenca)

• 2024: Curso sobre “El Códice de las Huelgas: la música en un monasterio real gótico” no marco de MIRABILIA; obtendo diploma da UIMP (Cuenca).

 

Escritor e poeta:

En 2018, lanzou o proxecto Ars-Lucensis, realizando eventos culturais en cafeterías e bares de Lugo, ata que a pandemia detivo a iniciativa en 2019.

Durante a pandemia, recopilou e reescribiu poemas e letras de cancións, logrando publicar:

• 2019: “Poemas y Canciones de una Vida”.

• 2020: “Poemas del Alma y de Vida”.

• 2021: “Poesía da Chaira”, un mini poemario en galego.

• 2025: Gana o XLIX Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal “Premio Begonte de Poesía” coa súa obra 'O Nadal en Begonte'.

Participa activamente en recitais e eventos literarios, consolidando a súa faceta como poeta.

 

Cine e Televisión:

• 2003: Figurante no filme “El Año de la Garrapata”.

• 2006: Papel na serie “Herexes: O Libro Máxico”.

• 2009: Participación no docudrama “Hitler, Garbo y Araceli”.