Currículum académico (profesional):
Catedrático de Escola Universitaria da área de Paleontoloxía da Universidade da Coruña. Ex director da Escola de Maxisterio da Universidade da Coruña. Membro do Claustro Constituínte da Universidade da Coruña e membro da Mesa de dito Claustro.
Xeólogo, doutor en Xeoloxía pola Universidade de Oviedo, especializado en Paleontoloxía. Autor de numerosas publicacións sobre o tema do Paleozoico (Devónico) da península Ibérica e faunas de ammonoideos.
Currículum fotográfico (afeccionado):
Fotografía metafórica. Emprega obxectos e a linguaxe visual (metáfora fotográfica - poesía visual) para expresar ideas ou situacións con matices irónicos ou humorísticos con ideas nas que poden subxacer frecuentemente dobres sentidos. Autor de varias exposicións en Oviedo, A Coruña, Culleredo e Lugo.
No ámbito fotográfico realizou ata este momento 17 exposicións individuais con contido metafórico-visual: Universidade de Oviedo (Museo de Xeoloxía), Agrupación cultural Alexandre Bóveda da Coruña, Concello de Culleredo, Casa Charry do Concello de Oleiros, Universidade da Coruña (Facultade de CC da Educación) e "Do Forno", en Lugo. A súa obra estivo exposta no Albéitar da Universidade de León e en catro dependencias máis da ULE e, recentemente, no Campus de Ponferrada. Tivo exposicións en grandes superficies comerciais (Sala “Vitarte” do Dolce Vita e en The Style Outlets, da A Coruña e Culleredo). Tamén expuso na Casa da Cultura e Museo do Humor de Fene (A Coruña) e unha das súas obras está depositada e exposta permanentemente na sala denominada “Sala Negra” do citado Museo. En tres ocasións, a revista de ámbito profesional “Comunicación & Imagen” publicou un portafolio de fotografías deste autor. A súa obra fotográfica foi publicada no diario de lingua hispana "Siglo21" de Boston (USA). Participou en varias exposicións colectivas (Madrid, entre outras localidades) e participa colectivamente no proxecto “andante” de Ramón Álvarez, con exposiciones no MACUF da Coruña e no Albéitar de León (ULE).
Web fotográfica: http://www.rescognita.com