José Gambino


Categoría: Arquitecto
Data de Nacemento: Falecido o 25 de agosto de 1775.
Lugar de Nacemento: Italia
 Currículum

De ascendencia italiana por parte paterna, foi un dos grandes artistas da escola barroca compostelá. Os seus primeiros estudios realizounos co seu avó, que era escultor. Estivo estudiando en Portugal e en Roma. De regreso a Santiago, en 1747, incorporouse ó grupo de colaboradores de Fernando de Casas. A súa obra representa a transición do Barroco ó neoclasicismo. Ó Barroco pertencen as estatuas da fachada do Obradoiro, da catedral compostelá, representando a Fe, a Esperanza e a Caridade. Na segunda etapa da súa arte destacan as figuras de anxos, serafíns e baixorrelevos do mosteiro de Sobrado dos Monxes. Algunhas das súas obras foron levadas a Australia por Rosendo Salvado, bispo daquela diocese. En 1774 traballou co seu xenro, José Antonio Ferreiro, nas obras do tímpano do Seminario de Confesores ou Casa Concello de Compostela, da que xa dera as trazas Gregorio Ferro Requejo. Tamén fixo estatuas da Virxe, retablos en Herbón, o Cristo da Colexiata de Iria Flavia, a Santa Catalina de San Martín Pinario e as esculturas do presbiterio de San Martín Pinario (consideradas como moi importantes dentro da súa obra)...