Despois de cursar o bacharelato no Colexio “Manuel Peleteiro” (1962-69), licenciouse en Ciencias Exactas (Matemáticas) na Universidade de Santiago de Compostela (1969-74). Desde o punto de vista da súa actividade docente, comezou como profesor interino, pasando con posterioridade a profesor agregado no INEM Carlos Mª Rodríguez de Valcarcel de Ribadeo (hoxe IES Dionisio Gamallo Fierros) na especialidade de Matemáticas. Neste centro ten sido tamén xefe de estudios e director en varias etapas.
Polo que respecta á súa actividade política, representou ó Partido Popular na oposición no Concello de Ribadeo (1991-95), foi alcalde desde 1995 a 2003 e vicepresidente primeiro da Deputación Provincial de Lugo desde 1999. Desde 2009 é Xefe Territorial da Consellería de Cultura e Turismo na provincia de Lugo.
É vicepresidente da Sociedade Amigos da Gaita, organizadora da “Xira de Santa Cruz”. A finais dos 80 e principios dos 90 foi directivo do Club de Baloncesto Ribadeo C.B.