José Carlos Pereira Calviño


Pseudónimo:Carlos Pereira
Categoría: Xoieiro e deseñador de xoias
Data de Nacemento: 6 de outubro de 1971

   Cultura
 Currículum

FORMACIÓN:
Xemólogo especialista en diamantes, berilo e corindón, deseñador de xoias, xoieiro, engastador, taxador de xoias, formador de formadores e metodoloxía didáctica.

FORMACIÓN COMPLEMENTARIA:
Cursos de esmaltes, modelado de ceras, escaparatismo, etc…

ASPECTOS LABORAIS:
Freelance para empresas nacionais e estranxeiras en Deseño de Xoiería, director ‘Escuela Técnica de Joyería del Atlántico’ e deseñador con liña propia.

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS:
Feira Internacional de Xoiería de Alemaña ‘Inhorgenta 2004’, Feira Internacional de Xoiería de Portugal ‘Portojoia 2003’, Seleccionado para o Primeiro Desfile de Tendencias Iberjoya/Cibeles, Madrid (2002), Fundación Carlos de Amberes (Madrid), Museo Thyssen-Bornemisza (Madrid), Ifema ‘Recinto Salón de Iberjoya’ (Madrid), Galería Metalar (Madrid), Forum Metropolitano da Coruña (A Coruña), Galería Van / Art España, Galería Volter (Ourense) e Área panorámica de Tui (Pontevedra)...

PUBLICACIÓNS:
Xornal El Mundo, In Signt. The CSO Magasine, Gold & Time, El Punto de las Artes, Xornal Contrate, Joya Moda, Faro de Vigo, Casa Viva, Arte y Joya, Novias, La Voz de Galicia, TVE, TVG T.B...

 Outros datos de interese

PREMIOS, MENCIÓNS E CONCURSOS:
O proxecto de deseño titulado ‘CORUÑA-LUGO-OURENSE-PONTEVEDRA’ foi seleccionado polo Certame ‘Antonio Fraguas’, para unha exposición itinerante por dez concellos da Coruña (2001), foi seleccionado entre os dez gañadores de Concurso Nacional ‘Joyas de Autor’ 99-2000, foi finalista no Concurso Internacional Princesa de Deseño de Xoias, Madrid (novembro de 1998), finalista no Concurso Nacional ‘Joyas de Autor’, Madrid (outubro 1998), finalista na categoría de diamantes no concurso de DESING 2000, finalista na Feira Internacional de Xoiería de Londres, Londres (setembro 1998), foi seleccionado polo Centro de Información do Diamante, DE BEERS, Londres, a través de concurso aberto, entre os quince gañadores para realizar a colección do Sétimo Seminario de Deseño de Xoias, San Sebastián (outubro 1998), participou no Concurso Internacional de Perlas, Xapón (maio 1998), foi seleccionado polo Centro de Información do Diamante, DE BEAR, Londres, a través de concurso aberto, entre os vinte gañadores para realizar a colección permanente ó Sexto Seminario de Deseño de Xoias, Madrid (xuño 1996), Primeiro Premio de Deseño de Xoias, no Concurso Nacional, organizado polo Centro Europeo de Xoiería Integral, Madrid (setembro 1996), segundo Premio no concurso organizado polo C.E.J.I., Madrid (setembro 1996), finalista no Obradoiro de Deseño de Xoias ‘Joaquín Berao’, dirixido pola Universidade Complutense de Madrid e finalista no concurso rexional da Escola de Artes Mestre Mateo (Santiago de Compostela).