José Luis Gómez Gómez


Categoría: Xornalista
Data de Nacemento: 6 de marzo de 1958
Lugar de Nacemento: Brión (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Xornalista, é director fundador de Xornal de Galicia (2008), onde agora se integra Xornal.com, medio do que foi fundador e editor (1999-2008). Tamén é accionista e conselleiro da empresa editora, Xornal de Galicia SA. Colabora na revista Gallegos e en varios diarios españois a través da axencia OTR, e é comentarista da TVG, Veo7, Canal24Horas e Radio Galega.
Foi redactor, xefe de sección, redactor-xefe e director do diario La Voz de Galicia, no que traballou entre 1982 e 1999. Ata 2003 foi director de Coordinación de Publicacións e de Comunicación do Grupo Zeta, onde se incorporara, en 1999, como director editorial da División de Prensa Diaria. Desde entón e ata 2004 desenvolveu o proxecto de lanzamento do diario Xornal de Galicia, que, tras ser suspendido, retomou en 2008 xunto ao Grupo San José, que preside Jacinto Rey. Entre 2005 e 2008 foi director da revista Capital. Tamén dirixiu a revista Forum, da Fundación Euroamérica, entre 2005 e 2010.
Entre 1987 e 1995 foi xefe da Sección de Economía e coordinador do suplemento Economía e Finanzas de La Voz de Galicia. Nos anos 98 e 99 exerceu como director editorial do Grupo Voz, ao que entón pertencían catro periódicos e a cadea Radiovoz. Foi conselleiro de La Voz de Galicia, La Voz de Baleares, Atlas Galicia e Xornal Galinet. Tamén traballou como redactor e xefe de área en El Correo Gallego, foi xefe da área do Anuario La Voz de Galicia e correspondente en Galicia da axencia Colpisa e doutros medios. Así mesmo, colaborou en diversas revistas e cadeas de radio. Durante máis de dez anos participou como convidado nos debates do programa La Mirada Crítica de Telecinco e foi columnista de La Voz de Galicia, Deia, Diario de León, Diario 16 e El País.
Coordinou o primeiro Manual Básico de Economía en Galego, obra na que participaron profesores de Económicas e Dereito das tres universidades de Galicia. É autor dos libros A vueltas con España (Temas de Hoy, Madrid, 2005), Galicia ante la CEE (Biblioteca Gallega, Serie Nova. A Coruña, 1983), José Luis Méndez/La fuerza del líder (Biblioteca Gallega, Serie Nova. A Coruña, 1994) e coautor das obras: Estrategias para España (Fundación Caixa Galicia/Capital, 2007), Las 500 primeras empresas de Galicia (Biblioteca Gallega. A Coruña, 1992), Estrategias para Galicia (Fundación Caixa Galicia/La Voz de Galicia, 1994), Economía de las Comunidades Autónomas. Galicia (capítulo ‘Coordenadas económicas de Galicia: una base poco sólida’ e sgtes. Papeles de Economía Española. Madrid, 1985) e Galicia, Raíz y Horizonte (capítulo “Europa, un futuro imperfecto para la economía gallega”. El Corte Inglés. A Coruña, 1987). Tamén é autor de Os medios de comunicación de Galicia e o “boom” da información económica.
Dirixiu un curso da UIMP (1998) sobre o sector da comunicación e foi profesor do Master en Periodismo da Universidade da Coruña (1995-99), así como membro da Comisión de Medios de Comunicación da Fundación de Axuda contra la Drogadicción (2002-03). Pronunciou numerosas conferencias e ten experiencia como moderador de debates. É membro da Comisión Técnica de Comunicación Creativa do Consello da Cultura Galega e pertence ao Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, á Asociación de la Prensa de A Coruña, á Asociación de Periodistas Europeos e á Asociación de Periodistas de Información Económica. Entre outros recoñecementos, foi galardoado co Premio Galicia de Xornalismo en Información Económica (1988) e co Premio Galicia de Comunicación (1995).