José Domingo Posada González


Categoría: Empresario
Data de Nacemento: 9 de maio de 1940 († 14 de xaneiro de 2013)
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
 Currículum

Bacharelato e Pre-universitario no Instituto de Ourense.

Enxeñeiro Técnico en Química Industrial (Promoción 1961) Escola Técnica de Vigo.

Perito Industrial Mecánico, 1961, na Escola de Vigo.

“Usos de Isótopos Radiactivos” Reactor Nuclear da “Moncloa-Madrid”.

Enólogo (Xunta de Galicia).

 

 Obras realizadas

Presidente e socio fundador de MARRON GLACÉ, POSADA.

Conselleiro de MAPFRE, Seguros.

Director Xeral da empresa “RISP, LTD” para a produción de Champansky e viños. Moscova (Rusia).

Secretario Perpetuo da “IRMANDADE DOS VINHOS GALEGOS”.

Presidente da Comisión de Comercio Exterior da “CÁMARA OFICIAL DE COMERCIO E INDUSTRIA DE OURENSE” durante 26 años.

Como Eurodeputado asiste, representando á Unión Europea, en calidade de observador, ás eleccións de 1994 na Federación Rusa. En 1999, regresa ó Parlamento Europeo como Deputado por Coalición Galega.

Observador das Eleccións 2004 de Ucrania polo Congreso dos Estados Unidos.

Deputado do Parlamento Europeo por Coalición Galega a tempo compartido con diversos partidos nacionalistas do Estado Español. Dende xullo de 1993 a xullo de 1994.

Presidente do Consello Regulador de Denominación de Orixe “ORUJO DE GALICIA”. Dende abril de 1992 a decembro de 1996.

Membro do Consello da Oficina Provincial de Inversións de Ourense, “OPRIN”, na súa fundación. Membro do “INORDE”.

Presidente do Consello de Administración de Caixa de Aforros Provincial de Ourense. De 1984 ata 1987.

Presidente da “Asociación de Empresarios do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, Ourense” (60 empresas), ata 1984 en que dimitiu ó ser nomeado Presidente do Consello de Administración de Caixa Ourense.

Vicepresidente Primeiro da “CONFEDERACIÓN EMPRESARIAL DE OURENSE”, 1983.

Secretario do Consello de Administración de “TOMÓVIL, S.A.”, representación e distribución de FORD en Ourense. Dende 1980 ata 1989.

Xerente da “COOPERATIVA DO RIBEIRO”, de 1971 ata 1973.

Conselleiro-Delegado de “UNEXCASA”, Unión de Exportadores de Castañas, de Vigo, dende 1974.

 

PUBLICACIÓNS E ESTUDOS:

“Os viños de Galicia”, Galaxia, 1ª edición (1978), 2ª edición (1980), 3ª edición (1981).

“Manual de los vinos y aguardientes de Galicia”, Edición Penthalon, Madrid (1981).

“Metafísica del vino”, Irmandade dos Vinhos Galegos, Ourense (2001).

Colaborador da revista “Bouquet”, como correspondente de Galicia, revista na que publicou varios artigos relacionados cos viños de Galicia.

As revistas “Sobremesa” e “Guía de Bodegas de España”.

Ponencias e traballos sobre “Industrialización de Setas Gallegas” na Segunda Semana Micolóxica Galega.

Membro da “Comisión Organizadora de las Jornadas Técnicas de Estudio y mejora de los vinos gallegos”, libro publicado por Caixa Rural, 1984.

Traballo sobre viños en “ABC” de Madrid. Traballo no especial “A Nosa Terra”, sobre o viño (1989).

Colaborador da “Gran Enciclopedia Gallega”, co tema do vocablo “viño” (1989).

Numerosos artigos en xornais galegos como “La Región” de Ourense, “La Voz de Galicia”, “Faro de Vigo” e “Revista ECO” sobre diversos temas e, en especial, sobre política, viños e/ou gastronomía.

 

 Outros datos de interese

Membro da “Asociación de escritores y periodistas gastronómicos de España" e da Fedération Internationale de Journalistes et Ecrivains du Vin et Spiritueux (F.I.J.E.V.).

Membro da Liga da Saúde, o Vinho e a Nutriçao (Lasvin, Porto).

Presidente do Comité Executivo da “Feria Vigoalimentaria”, en 1987 en Vigo.

Membro dos “Amigos da Cozinha Galega”, dende 1988.

Observador das Eleccións-2004 de Ucrania polo Congreso dos Estados Unidos.