Joaquín Barrero Díaz


Categoría: Sacerdote xesuíta
Data de Nacemento: En 1949
Lugar de Nacemento: Navia de Suarna (Lugo)
 Currículum

Ingresou na Compañía de Xesús en 1967, no noviciado xesuíta de Villagarcía de Campos e realizou os seus primeiros votos en 1970. É ordenado sacerdote o 7 de xaneiro de 1978 en León e realiza os seus últimos votos na Compañía en 1985.

Licenciado en Literatura (Hispánica) en 1970 (Filosofía e Letras, Salamanca), en Filosofía (1973) e en Teoloxía (1975) pola Universidade Pontificia de Comillas (Madrid), exerceu a docencia en diversos colexios xesuítas de España (León, Oviedo, Xixón, Burgos), onde ademais de impartir clases de literatura exerceu cargos como o de delegado provincial de FERE (Federación Española de Relixiosos da Ensinanza), delegado provincial de educación, reitor do colexio do Sagrado Corazón de León e dos colexios de Oviedo, Xixón e Burgos.

De 1998 a 2004 foi Provincial da antiga provincia de Castela. O 18 de xuño de 2004 uníanse por razóns apostólicas a antigas provincias xesuítas de Castela e Toledo nunha única provincia denominada Castela, para a que foi elixido como Provincial Joaquín Barrero. Exercía o seu cargo nela para seis anos (ata xuño de 2010).

O 12 de febreiro de 2008, durante la Congregación Xeral 35 da Compañía de Xesús, foi elixido como un dos conselleiros do novo xeral da Compañía, en calidade de Asistente Rexional da Asistencia Europea Meridional, que abarca Portugal, Italia e España.