É licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, na que traballou durante tres anos en diversos proxectos de investigación no eido da socioloxía da comunicación, no Departamento de Socioloxía.
Cursou o programa de doutoramento “Cambio social en Galicia, unha perspectiva antropolóxica”, tamén na Universidade de Santiago de Compostela.
É Máster en Xestión e políticas culturais pola universidade Autónoma de Barcelona.
Tamén é Máster en Marketing e Dirección Comercial pola Escola de negocios Caixanova.
Ten unha ampla experiencia en xestión cultural. Comezou no sector privado a principios dos anos noventa, como xestor, programador, produtor e responsable de comunicación no eido das artes escénicas, realizando numerosos eventos, ciclos e festivais de música clásica e contemporánea, jazz, rock, música tradicional e teatro para institucións públicas e entidades privadas. A finais dos anos noventa comeza a traballar no eido das artes plásticas, como director da Galería Abel Lepina en Vigo e, a partires de 2001 é Delegado Director Xerente da Fundación Laxeiro, cargo que ocupa actualmente, desenvolvendo traballos de comisariado, investigación, programación, xestión, difusión e edición de publicacións. É autor de diversos textos críticos sobre Laxeiro e creadores contemporáneos galegos.