Entre as súas obras podemos destacar: Carne de Can (narrativa, 1997), Antollos de Eimarmena (narrativa, 1999), Teaza de brétema (intantil-xuvenil, 1994), Por unha présa de machacantes (novela cómica, 1997), Dende unha nada núa (poesía, 1997), Airados de palabras (narrativa VV.AA., 1998), Guía do bebercio lugués (guía do viño artesanal) (1992 e 1995) e Na boca do lobo (narrativa, VV.AA., 1998).
Conseguiu o premio "Manuel Murguía" de narración breve en 1995 e o "Eusebio Lorenzo Boleirón" de poesía en 1996. Foi finalista do premio "Barco de Vapor" en 1992, accésit no certame "Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro" (1988, 1991 e 1992) e primeiro premio no ano 1992.