Xa desde a súa infancia amosa inclinación pola pintura, polo que recibe as súas primeiras ensinanzas artísticas en Padrón. Trala morte do seu pai, a súa familia trasládase a Santiago e el empeza a traballar en Vilagarcía de Arousa nun comercio de texidos. En 1917 viaxa a Madrid para cumpli-lo servicio militar e establece contacto co ambiente dos debuxantes gráficos madrileños. En 1920 regresa a Galicia colaborando en 1925 co periódico Faro de Vigo e en 1926 con El Pueblo Gallego. En 1926 trasládase a París por medio dunha beca para completa-la súa formación artística.Participou nos acontecementos políticos de oposición á dictadura de Primo de Rivera e estivo algún tempo no cárcere. Desde 1931 instalouse en Santiago e formou parte da renovación cultural que tivo lugar en Galicia durante os anos da República.
Presentou a súa obra a varias exposicións e colaborou cos seus debuxos en diversas publicacións periódicas como El Sol, El Pueblo Gallego, Nueva España, etc.Ó seu regreso de París reflexará a aprendizaxe de novas técnicas e a estética do gravado xaponés nas súas estampas coloreadas O mercado, Pescantinas, Lavandeiras, Nena con regadeira, Vellas orando no tímpano de San Fiz, etc.En 1928 empeza a pintar óleos e destacarán cadros como Tendas, Moneca, Cabezudos, Autorretrato e Muller sentada.Nos anos de posguerra chega á plenitude artística con obras como A Cacharreira, Estaleiro, Campesinas en roda, Dúas paisanas, Costureira, Cociña, Mercado, Vendedora de pescado...Completan a súa producción artística outras obras como A sorte do paxariño, A sesta, Muiñeira...Realizou tamén as ilustracións para o libro Retrincos de Castelao.