Ingresa por oposición en R.E.N.F.E en 1947 en Monforte de Lemos e xubílase de Xefe de Estación.
En 1975 é membro da Coral Internacional de RENFE de Monforte de Lemos, e é nomeado Relacións Públicas, cargo que exerce durante 15 anos.
No ano 2000 foi nomeado Relacións Públicas da Coral Polifónica do Concello de Monforte de Lemos.
É membro da Rondalla de José Pallares e da Rondalla Benfeita.
Foi articulista de prensa en La Voz de Galicia, El Progreso e Faro de Vigo.
Escribe varios libros en castelán e galego: 'Historia de un paseo'; 'Cousas en galego'; 'Compendio autobiográfico'; 'Nostalgia evolución y futuro del ferrocarril'.
É membro das Asociacións: 'Poetas del Sur Lucense' e 'Amencer Quirogués'.
Figura na bibliografía de escritores de Monforte de Lemos de Aida Menéndez 'Recordos e tradicións', cos traballos de 'Foi a miña cata na Ribeira Sacra' (Deputación de Lugo); Retazos de historia de Monforte de Lemos (Deputación de Lugo). Lembrando a Luis Moure Mariño (Imprenta Fénix).
É autor da letra da canción titulada 'O viño da Ribeira Sacra'.
Graba o CD 'Banda de acordeones do Concello' coa Coral do Concello de Monforte grabado en TV Galicia.
Autor da letra do himno do Arenas Club de Fútbol de Monforte de Lemos.
En 2004 gaña o concurso 'Cartas de Amor' celebrado nos Concellos de Quiroga e Lugo obtendo o primeiro premio en ambolosdous.
Colaborador da Páxina Web do Museo do Ferrocarril de Galicia.
En 2005 obtén o primeiro premio de poesía do Concello de Quiroga no 'Día das Letras Galegas' co poema 'A gaita rí, a gaita chora'.
En San Valentín de 2006, obtén o primeiro premio de poesía de amor na categoría de adultos do Concello de Foz co poema 'Declarando amar'.
O 17 de maio de 2006, no certame do Día das letras galegas, obtén o segundo premio con 'A unha árbore”.
En 2007 é nomeado Poeta Oficial da 'Sociedad Cultural y Recreativa La Fraternal' de Monforte de Lemos.
É colaborador da revista 'Amargama'.
En 2008 obteñen o Premio de xornalismo 'Moncho do Pio'.
En 2011 é nomeado Socio de honra do Museo do Ferrocarril de Galicia.
Escribe máis de 300 artigos no Suplemento Semanal Ribeira Sacra de El Progreso.
Colaborador da revista 'Candea' adicada ó Caurel e editada pola Asociación Cultural 'Fonte do Milagro'.
Presenta na Librería Agrasar, o Libro de Ramón Rodriguez Porto sobre Roberto Martínez.
Presenta o libro Revista sobre o Camiño de Inverno de Aida Menéndez. Editado en castelán e inglés.
En xuño de 2018, presenta o Curso de Verán impartido pola Universidade de Santiago de Compostela, sobre A Ribeira Sacra.