Germán Barreiro González


Pseudónimo:Constantino Basanta
Categoría: Profesor e escritor
Data de Nacemento: 2 de maio de 1952
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

É licenciado en Dereito (premio extraordinario) pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Dereito (premio extraordinario) pola Universidade Complutense de Madrid. Realizou estudios nas universidades de Pescara (Italia), Colonia e Berlín (Alemaña) e Voronezh (Rusia). É catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade desde 1986. Foi director do departamento de Dereito da Administración e Relacións Internacionais da Universidade de León entre os anos 1986 e 1990. Entre os anos 1991 e 2000 foi director da Escola Universitaria de Graduados Sociais e da Escola Universitaria de Relacións Laborais da Universidade de León. Actualmente, é decano-administrador da Facultade de Ciencias do Traballo da Universidade de León.

 Obras realizadas

É autor de varios libros e máis de cen artigos en revistas da especialidade españolas e estranxeiras. Foi director ou codirector de varias teses de doutoramento, proxectos e/ou contratos de investigación, relator en numerosos congresos españois e estranxeiros e conferenciante en universidades e foros, tanto españois como estranxeiros.

 Outros datos de interese

É secretario da "Revista Española de Derecho del Trabajo", membro do comité editorial da revista "La Ley", membro do consello de redacción da revista "Jurisprudencia Brasileira Trabalhista" (Brasil) e membro do consello de redacción da revista "Genesis. Dereito do Trabalho" (Brasil).