Gabriel Tizón


Categoría: Fotógrafo
Data de Nacemento: En 1973
Lugar de Nacemento: Ferrol (A Coruña)

   Cultura
 Currículum

- 1995-96: fotógrafo de El Correo Gallego en Santiago de Compostela.
- 1996-97: responsable gráfico de El Correo Gallego na delegación de Ferrol.
- 1997-1999: responsable gráfico de La Voz de Galicia na delegación da Mariña-Asturias.
- 1999-2000: responsable gráfico de La Voz de Galicia na provincia de Lugo.
- 2000-2005: decide traballar de maneira autónoma, pasando a colaborar coa Axencia Efe, o Grupo Recoletos, a editorial La Capital e diferentes axencias e revistas de ámbito nacional e internacional. Tamén realiza traballos de carácter publicitario.

 Obras realizadas

No campo da fotografía artística, está representado pola Galería Flat File de Chicago (EE.UU.). Desde o ano 2000 leva realizado unhas 200 exposicións colectivas e 50 individuais tanto nacionais como internacionais e a súa obra está presente en coleccións públicas e privadas.

 Outros datos de interese

Máis información e para contacto na web: www.gabrieltizon.com