Sabela Pérez Fórneas


Categoría: Bibliotecaria
 Currículum

Máster en Libros e Literatura Infantil e Xuvenil pola Universitat Autònoma de Barcelona.

Diplomada en Biblioteconomía e Documentación pola Universidade de Salamanca.

Desde febreiro de 1997, Técnico Medio de Bibliotecas e desde marzo de 2003, funcionaria de carreira do corpo de facultativos de Arquivos, Bibliotecas e Museos da Xunta de Galicia.

Desde 2005 a 2020, foi responsábel da área infantil e xuvenil da Biblioteca Pública de Lugo ocupándose da selección dos fondos documentais, do proceso técnico dos mesmos e da programación de actividades de mediación de lectura e de difusión e dinamización cultural.

Conduciu e moderou o café filosófico que se devolveu mensualmente na biblioteca pública durante ano e medio.

Está especialmente interesada no álbum ilustrado como vehículo emocional e construtor de significados e comprometida co papel social da biblioteca pública no desenvolvemento dunha ciudadanía ética, responsábel e con amplo espírito crítico.

Actualmente é Directora da Biblioteca Pública de Lugo.