Isabel Garrote


Data de Nacemento: En 1948
Lugar de Nacemento: Ferrol
 Currículum

Viviu unha infancia normal e feliz. Comezou os seus estudos primarios no colexio do barrio “Ibáñez Martínez”. Alí comezou a afeccionarse polo debuxo. Na súa clase había un libro que lle parecía marabilloso, no que escribían e debuxaban só algunhas alumnas. Cando ela puido facelo, motivábaa tanto que a súa afección polo debuxo medraba. A aquel libro chamábanlle “o diario”.

Estudou o bacharelato no Instituto Concepción Arenal. Despois estudou Maxisterio nas Mercedarias. Alí comezou a facer decorados, carteis e ilustracións para nenos na asignatura de Metodoloxía e Prácticas. Volcouse nas súas habilidades no mundo para o que se estaba formando. As súas primeiras acuarelas foron nesa época. A decoración atraía moito a súa atención e cando comezou a traballar como profesora, adoitaban encomendarlle ese tipo de traballos.

Casou e entrou a traballar no Colexio Jesús Maestro, no que segue na actualidade. A pesar de ter unha familia á que atender e o seu traballo, nunca deixou os pinceis nin os lapis. Seempre estaban esperando a que chegara o momento de dedicarlles máis tempo. Nunca ocasión, navegando co seu marido, mariño mercante, propuxéronlle subir á cheminea do barco e pintar a contraseña da compañía. Na igrexa da súa parroquia era a encargada de facer decorados, carteis… Incluso decoraba cada ano o cirio pascual.

Cando os seus fillos medraron, comezou a asistir a clases con Ricardo Segura Torrella. Ao seu lado aprendeu a debuxar, a ver e a descubrir brillos e sombras. Pronto se iniciou cos óleos. Naquel época formou parte da delegación de Manos Unidas e celebraron unha exposición e subasta cada ano. Iso facía coincidir a súa afección pola pintura co poñerse en contacto cos pintores que desinteresadamente doaban as súas obras para a ONG. Estábase adentrando cada vez máis no mundo da arte e chegou a dirixir aquelas subastas.

Ao falecer Segura Torrella, buscou outro mestre, pero esta vez para introducirse no mundo da acuarela, e uniuse ás clases de José González Collado, nas que permaneceu varios anos.

Aos seus alumnos intenta transmitirlles a súa paixón polo debuxo e a pintura. Eles, os nenos, coa súa frescura son capaces de comunicar nos seus debuxos máis que os adultos, por iso a través de eles a aprendizase é maior.

Fixo unha viaxe como cooperante a unha misión en África durante un mes. Nas paredes da gardería da misión fixo murais con motivos da selva para os nenos.

 

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS:

1995: Centro cultural Carvalho Calero (Inferniño) “Alumnos de Segura Torrella”.

1996: Exposición Solidaria, Ateneo ferrolán.

1997: “Feitura”, Ateneo ferrolán.

1997: Manos Unidas, Casino ferrolán.

1998: Manos Unidas, Casino ferrolán.

1998: Cáritas, Sala de Exposicións da Autoridade Portuaria.

1999: Manos Unidas, Casino ferrolán.

2000: Manos Unidas, Casino ferrolán.

2001: Asociación de Amigos do Alzehimer, Ateneo ferrolán.

2002: “Alumnos de González Collado”, Estudio 23, S/ Francisco, 23. Ferrol.

2002: “Acuarelas Maribel Garrote”, Sala de exposiciones del CASINO. Ferrol.

2003: “Acuarelas desde Galicia”, Jardín de Serrano. Madrid.

2004: Ateneo ferrolán. Ferrol

2004: “I mostra pequeno formato”. Pintores Ateneo ferrolán.

2005: “Factoría de ilusiones”, Jardín da Serrano. Madrid.

2005: EQUIOCIO. Ferrol.

2005: “II mostra pequeño formato”. Pintores Ateneo ferrolán.

2005: Galería BE TRUTH. Ferrol.

2006: XV Certamen de pintura “Vila de Cedeira” (cuadro seleccionado) Exposición colectiva.

2007: “Rincones”. Casino ferrolán. Ferrol.

2008: “Aires de mar”. Jardín de Serrano. Madrid.

2009: “Que polas miñas ventas entre a luz ao voso fogar”. Residencia de Maiores de Caranza. Ferrol.

2009: Escuela Politécnica “Marqués de Suanzes”. Ferrol.

2010: RecreArte . O Castro. Cerdido.

2011: Edificio Arquivo. “Colores”. Betanzos.

 Outros datos de interese

Páxina web: www.maribelgarrote.com